Todolos artigos de: cafebarbantia

A Cousa Vermella, de Olga Novo

10261881Fidel Vidal. Que cousa é a Cousa? E a cousa vermella? Talvez esa cousa deberíamos vela como ver-mel(l)a. Como un oco polo que respirar, ou como proposta. Un proxecto sempre ao axexo. Nesta ocasión, o título do libro de Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020),  A cousa vermella (Espiral Maior, 2004) vén ao caso; ao meu caso. Acontece o mesmo coa poesía en xeral: a funcionar como semente, como seme: o seme que deixas neste verso (p. 13).

Atopámonos diante dunha ilusión ou dunha realidade difícil de dicir? E non digamos se a Cousa vén con maiúscula. Axiña pensei na Cousa freudiana. Seguir lendo A Cousa Vermella, de Olga Novo →

Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

sifilisPastor Rodríguez. Nacido o 11 de xuño de 1869 na Pobra do Caramiñal, foi un médico de prestixio no seu tempo, doutor en 1904, director do Gran Hospital de Santiago dende 1899 e subdelegado de Medicina da provincia da Coruña. Obtivera a licenciatura en Medicina en 1890 e en 1911 publicou un resumo da súa tese doutoral co título de Sobre la sífilis y su tratamiento por algunos preparados mercuriales, na imprenta compostelá do Eco de Santiago. Moi amigo de Valle-Inclán, alugoulle na Pobra do Caramiñal a súa quinta, chamada “Villa Eugenia” pola súa muller Eugenia Gasset, situada na rúa de San Roque, que subsiste aínda hoxe e que foi fotografada por Ruth M. Andersen. Seguir lendo Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra →

Alfa dobre A

ff0bfe3f6a8b3f8689b896bc6b20d070Marina Losada Vicente. O primeiro, día e hora: Martes, 1 de decembro, 7.30. O ano dáse por sabido: 2020. Despois da presentación, anuncian, sobrados, que Xenética Xunta Gal ten para ti o mellor semental da contorna: Top-10 nas probas oficiais europeas. Incomparable. Grandioso. Único. Coa escolla do seu esperma, baixo pagamento hai que entender, quedarás máis que satisfeita. Seguir lendo Alfa dobre A →