Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

sifilisPastor Rodríguez. Nacido o 11 de xuño de 1869 na Pobra do Caramiñal, foi un médico de prestixio no seu tempo, doutor en 1904, director do Gran Hospital de Santiago dende 1899 e subdelegado de Medicina da provincia da Coruña. Obtivera a licenciatura en Medicina en 1890 e en 1911 publicou un resumo da súa tese doutoral co título de Sobre la sífilis y su tratamiento por algunos preparados mercuriales, na imprenta compostelá do Eco de Santiago. Moi amigo de Valle-Inclán, alugoulle na Pobra do Caramiñal a súa quinta, chamada “Villa Eugenia” pola súa muller Eugenia Gasset, situada na rúa de San Roque, que subsiste aínda hoxe e que foi fotografada por Ruth M. Andersen. Nela viviu Valle-Inclán nos vinte e alí naceron dous dos fillos do escritor en 1922 e en 1924. Será nesta quinta onde falecerá Abal Hermo o 27 de novembro de 1944, sendo soterrado no cemiterio parroquial de Santa María a Antiga do Caramiñal. Home metido en política, no ano 1909 fora expedientado por sancionar ao bedel do Gran Hospital, Cándido Paz Ares, sen motivo aparente, pero en realidade porque este non votou os condidatos ao Concello compostelán que Abal lle recomendara. Non foi o único médico da Pobra no seu tempo que gozae de prestixio, pois tívoo tamén o radiólogo Manuel Millán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *