Gonzalo Trasbach. Nas páxinas do Eclesiestés podemos atopar sentenzas coma esta: <Todo camina hacia un mismo paradero>. Nun texto grego anterior, cronoloxicamente falando, podemos tropezar cun aforismo coma este: <No conviene burlarse del cubierto de harapos>. Aínda que non o pareza, as dúas frases teñen un “sombrío fondo común”. Pero, sen dúbida, a segunda delas lévanos directamente cara a un personaxe mítico da Antiga Grecia: Diógenes de Sínope. Que sabemos no noso tempo, na soberbia era da información e do coñecemento, daquela figura histórica, lendaria? Nós coñecémolo porque é o nome dunha síndrome, un trastorno patolóxico que consiste en acumular cousas, pertenzas inservibles e mesmo desperdicios Seguir lendo Diógenes: síndrome e lenda
Todolos artigos de: cafebarbantia
Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme
Inés Otero. Esta historia da saga Thomas Mann/Katia Hedwig e os seis fillos, todos vinculados co mundo intelectual, é unha saga familiar que abrangue unha época ateigada de problemas políticos e traxedias colectivas, coma o nazismo e o holocausto. O autor desta sensacional obra, Tilman Lahme, reconstrúe a vida dunha familia onde a busca da identidade e a afirmación persoal revelan a existencia duns personaxes contraditorios. Oito persoas que viviron a amargura do exilio cando o autor de Os Buddenbroock –publicada por Thomas Man cando só contaba 25 anos– se pronunciou contra as teimas inquisidoras de Adolf Hitler. Seguir lendo Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme
Paxarada, de Amancio Losada
X. Ricardo Losada. Sempre admirei ese costume francés de regalar nas festas de Nadal o que eles chaman beaux livres (libros fermosos), é dicir, libros de gran formato, con moitas ilustracións de cores moi logrados, papel cuché e encadernados en tapa dura, de impresión moi elaborada, e variadas temáticas, desde a gastronomía á caza, pasando pola arte ou o cine, e que invitan máis a ser ollados e folleados, que a ser lidos. Seguir lendo Paxarada, de Amancio Losada
Conversas de escaparate. Forasteira
Fidel Vidal. -Ao escoitarche dá a impresión de seres de fóra, e coido que xamais saíches deste cubículo no que nos atopamos.
-Non te trabuques comigo. As aparencias non son aparecidas nin o que aparentan.
-Calma, calma. Seguir lendo Conversas de escaparate. Forasteira