Conversas de escaparate. Forasteira

fidel1Fidel Vidal. -Ao escoitarche dá a impresión de seres de fóra, e coido que xamais saíches deste cubículo no que nos atopamos.

-Non te trabuques comigo. As aparencias non son aparecidas nin o que aparentan.

-Calma, calma.

-Cáenche os dentes de saber que non son forasteira.

-Perdoa se molestei. Dígocho como un cumprido, como un agasallo.

-Chamarme forasteira para ti supón un agasallo?

-Iso mesmo. As forasteiras, por non mencionar as estranxeiras, adoitan teren máis e mellores pretendentes que as da casa.

-Mañá temos concerto de violín, preguiceira.

-Digo verdade. Mesmo lle fan reverencias igual que a raíñas.

-Eu non aspiro a raíña. Síntome orgullosa de quen e como son e de quen veño ser. A moita honra. Non todas poden dicir o mesmo.

fidel2-Non fai falta que te alporices. A cousa non é para tanto.

-Ti vas asistir ao concerto?

-Eu son máis de tuba que de violín.

-Se a unha forasteira trátana como unha raíña, que farán cunha estranxeira?

-Imaxínate.

-Pois haberá que ir pensando como sacar un pé fóra deste escaparate.

 

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Forasteira

  1. Hoxe, as “Conversas de escaparate” fixéronme ir moitos anos atrás, cando unha rapaza metida nun escaparate (chámese ventá) que non saía á rúa facía tempo por causa dunha nefritis, veu pasar a un rapaz que non coñecía; era forasteiro. Ao día seguinte veu que pasaba a mesma hora. Aqueles pequenos paseos que só lle permitían dar polo cuarto, procuraba que fosen a mesma hora que acostumaba a pasar o rapaz.
    Sería entón que por ser forasteiro o veu como se fora un rei?
    Non quero nin pensar en lugar de ser de Lugo fose de Liechtenstein.

    AIRE SÓLO SERÍA de … Eucaliptus.

    Feliz día de Reises.
    Moitos castos biquiños, querido e apreciado Fidel.

    1. Falamos de mozas, porque as bonecas obrigan, como igualmente podemos falar de mozos. Todos coñecemos exemplos nas nosas vilas. Eu, de escoller, prefriro unha de Lugo e non de Liechtenstein ou como demos se escriba.
      Unha forte aperta e xenerosos Reis (que non se xunte o Campechano por se acaso).
      SOR ÁSOA AOS AROS mAlqUErIdO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>