Todolos artigos de: cafebarbantia

Silencio, de Agustín Agra

silencioPedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Seguir lendo Silencio, de Agustín Agra →

A mirada indiscreta

miradaMarina Losada Vicente. Escoito escorregar o portal do colexio Castelao sobre o seu raíl. Inmediatamente, como se estivese á espera, un coche negro ocupa as prazas 8 e 9. Non é pouca cousa, dado que a zona reservada ao profesorado dispón de catorce ocos, cando son cerca de vinte os coches que aparcan a diario. Pasan máis de cinco minutos cando empezan a chegar os seguintes automóbiles Seguir lendo A mirada indiscreta →

Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas

OxeitodasfroitasPilar Sampedro. Hai libros necesarios aínda que en principio non semellen excelentes, ou puideramos pensar que son obras menores. Vén a conto, repasando unha novela infantil de María Reimóndez, O xeito das froitas, publicada en Oqueleo. Levoume a revisalo unha personaxe principal moi interesante: unha nena de carácter forte e conviccións seguras, que anda entre a consideración de teimuda ou simplemente dotada de autoestima. Unha desas personaxes ás que nos imos acostumando, que racha os estereotipos de xénero, con ideas propias e orixinais sobre case todo, que se asenta na igualdade e os dereitos, pero tamén nas obrigas, porque é empática e solidaria. Seguir lendo Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas →