Todolos artigos de: cafebarbantia

Diario dun enterro. Hai narrador

O Andel. Diario_dun_enterro_Gonzalo_HermoRomán Arén. Tras dunha traxectoria importante como poeta, Gonzalo Hermo vén de gañar o Premio Repsol con esta ficción, de estilo claro, límpido, cunha atención aos detalles significativos moi lograda, con sentido do humor, ironía e certa sátira, logradas, sen que agoche de todo as emocións. Ficción do eu, moi presente hoxe, na que moitos lectores crerán que o narrador da novela transparenta o autor real, e quizais por iso Hermo lle puxo nome. Bo sentido na concentración temporal, tres días intensos para un enterro, para se notar estranxeiro na propia casa, vencellado pero alleo. A mirada logra achegarnos unha verdadeira sensación de veracidade e a novela acada mesmo ter clímax no final. Seguir lendo Diario dun enterro. Hai narrador →

Vinte e dous

imagesAgustín Agra. Esmoreceu, é certo. Deixamos, din, que demerxera no esquecemento. Levouna o vento, quizais aquel nordés secular que nos azouta, e esvaeuse na néboa do tempo. Recordo aínda palabras, non te penses, que acoden a min dende aló no dentro, do profundo. Eu non a falei nunca, non. Nin os meus, nin os amigos tampouco, mais si un meu avó, creo. Algún profesor tamén, supoño, tampouco cho aseguro, pasouche moi ben tempo. Seguir lendo Vinte e dous →

Desexos cumpridos

bonillaFidel Vidal. Yo soy. Yo eres. Yo es. Yo somos. Yo sois, Yo son. Se queres sobrevivir, deberás conxugar o verbo ser desta maneira. Así comeza Yo soy, yo eres, yo es, de Juan Bonilla (Ed. Imperdonables, Árbol de Poe, 1995), unha orixinal novela de menos de cen páxinas. Non resulta fácil conxugar o verbo ser. O máis difícil está en crelo. Para non conformarse con sobrevivir, o seguinte paso será aprender conxugar o verbo amar: eu ámome, ti ámasme, el ámame. É unha novela de amor, sobre o primeiro amor, os amoriños primeiros que, como a raíz do toxo verde, “son moi malos de olvidar”. Seguir lendo Desexos cumpridos →

Viaxe ao centro do universo

UNIFORMADOSX. Ricardo Losada. (Para o C.D. Unión no seu 50 aniversario). Fun ver ao campo de Vilas o Torneo Internacional de fútbol alevín e benxamín que se celebrou en maio. Había un ambiente extraordinario e a competición atrapou o meu interese, pero percibín en todo momento unha estraña sensación, que non tardei en relacionar co feito de que esa mesma mañá lera un artigo de prensa Seguir lendo Viaxe ao centro do universo →