Todolos artigos de: cafebarbantia

O paxaro que non cortou as ás para ter imaxinación

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Carlos Cimadevila/X. Ricardo Losada/Xosé Manuel Lobato. (Texto co-escrito para a homenaxe a Isaac Díaz Pardo, coordinada pola asociación Alento esbravexo, no centenario do seu nacemento): Rumoréase por Rianxo que o día que Isaac Díaz Pardo baixou na praza de Castelao do coche que o levaba ao concello para ser nomeado Seguir lendo O paxaro que non cortou as ás para ter imaxinación →

Cartas a unha lectora, a un lector (VII)

olganovoVIIPilar Sampedro. Continuando co eixe de textos sobre a lectura, abandono os marcapáxinas do Día do Libro para bibliotecas escolares e voume á páxina do colectivo Lemos Le (formado por ensinantes, bibliotecas escolares e públicas, librarías e escritores/as) para seguir recollendo algún outro texto deste tipo.

Olga Novo (a autora do último Premio Nacional de Poesía) é da Pobra do Brollón e foi a primeira convidada a escribir algo sobre a lectura. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VII) →

Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo

220px-DiazPardo_Isaac_en_CastroIgnacio Castro Rey. Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente máis. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. Distintos pasaxeiros que non nos coñecemos compartimos en silencio o pequeno traxecto, non tan pequeno, entre A Coruña e Santiago. Aburrimento, choiva, paradas, traqueteo, paisaxes rachadas. Miradas cruzadas e algunhas palabras corteses, as xustas, de cumprido. Cada un de nós vai sumido nos seus pensamentos propios, coa típica atención flotante propia dunha viaxe. Seguir lendo Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo →