Todolos artigos de: cafebarbantia

Dieste en 2666

diesteX. Ricardo Losada. O filósofo Julián Marías foi invitado a dar unha charla nunha universidade remota de EEUU. Entusiasmado, preguntoulle por teléfono ao hispanista que o invitara como tiña que facer para chegar. “Ten que coller un tren no aeroporto da capital do estado”, díxolle, “e parar na quinta estación”. “E quen me estará agardando?”, preguntou Marías. “Eu mesmo”, díxolle o hispanista. “E como o recoñecerei?” Seguir lendo Dieste en 2666 →

Cartas a unha lectora, a un lector (VI)

VIPilar Sampedro. O último texto, correspondente ao ano 2020, foi escrito por Manuel Gago. Nel di “Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos (…) atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VI) →