Todolos artigos de: cafebarbantia

Un home normal

imagesMarina Losada Vicente. Onte conteillo a Mau. Viñamos de ver a peza de teatro “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”. A protagonista non tiña nin idea de que tipo de individuo lle “poñía”.  Ao fío da obra, acordeime da única persoa que me excitara no momento mesmo de coñecela. O feito de estar preto de alguén non acadou xamais tal resposta. Tamaño sacudida eléctrica! Seguir lendo Un home normal →

Funchal, o refuxio dunha emperatriz

funchal 1Xerardo AgraFoxo. A illa é nova. Ten a súa orixe nun volcán abrollado do Atlántico hai cinco millóns de anos que se converteu paseniño nun paraíso recoñecido polo seu clima agradábel, un mosaico de engaiolantes paisaxes e unhas fragas de laurisilva únicas no mundo. Pero a capital é unha cidade vella, xurdida a carón dunha baía orientada dende os comezos da colonización portuguesa para comercializar os seus produtos máis demandados: a cana de azucre, os plátanos e o viño doce. Esta «pequena Lisboa» amosa un centro histórico ben conservado, onde se erguen igrexas, museos e pazos antigos Seguir lendo Funchal, o refuxio dunha emperatriz →