Conversas de escaparate. Celos

celos1Fidel Vidal. -Entrou na casa e matounos. Aos dous, á muller e o seu amante.

-De que me falas?

-Así saíu nos xornais antes de aclaralo todo.

-Debeunos pillar en plena faena.

-Fáloche do meu home. Unha persoa extremadamente celosa e controladora.

-O teu home! E a quen matou?

-El pensou que a min e ao meu amante.

-Pero ti aquí estás, presumindo de modelo.

-E sen amantes nin amadores.

-Salvaches a vida.

-Salvei a estampa, querida, en forma de boneca. Igualiño á muller de Lot cando mirou cara atrás para ver que pasaba en Sodoma.

-Converteuse en estatua de sal por desobediente, non por mirar. Pensa por un intre no caso de chover…

celos2-Licuaríase. Eu só me mollaría. Pero non fun curiosa nin desobediente…

-Entón que sucedeu?

-Sóubeno pola xente.

-A quen matou?

-A dous inocentes.

-E por que cometeu tan horrible crime?

-Por celos. Viña borracho e cegouno a ira que sostiña contra min.

-Confundiuse de diana.

-Exacto. Nin a muller era eu nin o amante era tal nin a casa era a nosa.

4 comentarios en “Conversas de escaparate. Celos

  1. Observo que continúas sacándole partido a las “conversas de escaparate”, querido Fidel. Lo tuyo es prodigioso.
    Tiene razón Magdalena: así como hay irracionales que matan por celos, también hay otros que se enamoran de una muñeca o de una estatua. Seguramente recordaréis la película “Eva era mujer”, protagonizada por Ava Gardner… Y la Olympia de la ópera “Los cuentos de Hoffmann” o la Coppélia del ballet de Leo Delibes, por citar algunos enamoramientos imaginarios, sin olvidar a Pigmalión. Y hablando de flechazos auténticos (o cómo se les quiera llamar): las muñecas japonesas de silicona o las que se podían adquirir en la calle Saint Denis de París. Para gustos.
    Sé que me he salido un poco del tema, pero intentando encontrar un palíndromo adecuado, se me ha ido la olla.
    Bonitos sueños.

    1. Olla o allo, prezada Carmen. De cativo, a piques de entrar na adolescencia (de que adolece o adolescente?), eu estiven namorado dunha estampa: da Venus de Botticelli. Un formidable anuncio para unha cuncha de vieira criadora de fermosas doncelas no camiño de Compostela. Bo día, e seguintes, nesta tempada de confinamentos.

  2. A estupidez e a maldade supera todo o imaxinable, querido Fidel, e si por riba aínda alcanzaba o terceiro grado da cogorza, imaxínate.
    Agora a do escaparate que busque outra cousa mellor que outro mamífero cuadrúpedo; está nun lugar apropiado para ver toda clase de transeúntes.
    A ver si ten mellor ollo e pode dicir: AMO LA PACÍFICA PALOMA, a do AcEItUnO.
    Castos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>