Todolos artigos de: cafebarbantia

Conversas de escaparate. Posta a punto

esca1Fidel Vidal. -Non vos enganedes. Foron as outras que fixeron un aparte. Disque por presumida. Pero debaixo do sombreiro agocho a vergoña que me trouxo até esta vitrina de luxo. Cansa de tantas bagoas e mágoas pasadas, non vou chorar agora. Calamidades a cotío sementaron as nosas vidas, as propias e das miñas irmás, as xemelgas, por culpa dun pai que non mereciamos. Borracho e lacazán. Intentou desvirgar as tres fillas que nun forzado matrimonio deu parir a nosa non menos culpábel nai. Un dúo pernicioso. Seguir lendo Conversas de escaparate. Posta a punto →

Milagre da Virxe de Guadalupe

maxresdefaultX. Ricardo Losada. Maldito virus, dixo o mozo, hoxe debera ser domingo de Guadalupe. Non, retrucou a vella, bendita Virxe, hoxe é domingo de Guadalupe. Despois o mozo mirou as terrazas baleiras, a praza sen as luces da festa, a ría sen barcos engalanados e, como era evidente que a vella estaba tola, renunciou a dicirlle nada. Seguir lendo Milagre da Virxe de Guadalupe →

Punta das Crechas

BL11C8F1_222428Ramiro Ouviña O. É de noite. As nove do 21 de decembro. Venta como se ouvease a morte, e a chuvia arremuíñase ao noso redor. Os paraventos non son quen de espallala lonxe das nosas facianas. O bambeo do barco move a cortina da derrota, chiscando o seu ollo de luz e escuridade. Saímos do Caribe hai doce días, con rumbo directo ao Canal da Mancha. Seguir lendo Punta das Crechas →