Todolos artigos de: cafebarbantia

Ollos divinos

ollo1Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando a esposa do bo Shiva se lle acercou por detrás para pecharlle os ollos bromeando (quen son eu?), o sol apagouse, e entón el fixo nacer un terceiro ollo na fronte, co que podía velo todo a través do tempo, entender o pasado e prever o futuro, representado na actualidade con esa especie de lunar que os seus devotos portan no lugar “onde reside a sabedoría”, para retela. Entre nós comparamos o prezo ou a carestía das cousas co valor dun ollo da cara, e non é para menos, pero, canto custa este? Seguir lendo Ollos divinos →

Douglas DUNN, Poemas escollidos

o aNDEL. Poemas_Escollidos_Douglas_Dunn. ImaxeRomán Arén. Mª Dolores Armental, natural de Boiro, filóloga e profesora, pon nas nosas mans a tradución galega dunha escolma do poeta Douglas Dunn (Escocia, 1942) nunha fermosa edición bilingüe, produto da colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística, a editorial HDF e a A. C. Barbantia. A escolma abrangue a produción poética de Dunn, de 1969 a 2017, e leva un interesante limiar da tradutora que define a poética do autor como un percorrido por dous mundos: “por unha banda observa a sociedade que o rodea, familiar e cotiá, as inxustizas e humillacións da historia… e, pola outra  exhibe un extraordinario mundo da imaxinación…”. Seguir lendo Douglas DUNN, Poemas escollidos →

Pereza revolucionaria

61nXMjd5GBLX. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que os grandes revolucionarios da historia, cando menos os que acadaron o poder (é conveniente puntualizalo), foron persoas moi conservadoras: en canto gobernaron, xa non quixeron máis cambios. Pasou cos cristiáns. Pediron ser legalizados en nome da liberdade no Imperio Romano e, pouco despois, unha vez que se converteron con Teodosio na relixión oficial, comezaron unha sistemática e violenta persecución das outras confesións que levou, co tempo, a esa monstruosidade da Inquisición. Pasou co protestantismo. Seguir lendo Pereza revolucionaria →