Pilar Sampedro. Cando lle tocou a Carlos Negro facer o seu texto para o marca páxinas das bibliotecas escolares, con motivo do Día do Libro do ano 2011, definiu o lugar da lectura como unha porta sempre entreaberta (pola que podes mirar sen que te vexan e sen correr riscos; miras e pechas, ou miras e entras), unha casa encantada (na que suceden cousas inesperadas), unha laranxa do paraíso (como aquelas que el nos mostrou en As laranxas de Alí Babá), unha alfombra no ceo (da mesma tradición arábiga, pero é que nós temos moito que ver con ese mundo dende Cunqueiro, máis que dende o Almanzor que nos levara as campás) Seguir lendo Carta a unha lectora (II)
Todolos artigos de: cafebarbantia
Sen confortar
Marina Losada Vicente. Coidado co que pides, non sexa que se che conceda!, pensei, mais fixen a solicitude e aquí estou, cinco minutos de prórroga. Algo bo faría, penso eu… ou non é un premio que che concedan tempo para comprobar aquilo que che corresponde por dereito? Seguir lendo Sen confortar
Conversas de escaparate. As medias caídas
Fidel Vidal. -Malia o tempo que levamos xuntas estou no certo se digo que somos compañeiras pero non amigas.
-E a quen vén iso, compañeira?
-Non comprendo os teus desplantes.
-A que te refires?
-Ás veces que me torciches a cara ou puxeches aceno de distraída, sen contestares os meus saúdos.
-Ti ves visións, querida. Seguir lendo Conversas de escaparate. As medias caídas
