Conversas de escaparate. As medias caídas

maniquis1Fidel Vidal. -Malia o tempo que levamos xuntas estou no certo se digo que somos compañeiras pero non amigas.

-E a quen vén iso, compañeira?

-Non comprendo os teus desplantes.

-A que te refires?

-Ás veces que me torciches a cara ou puxeches aceno de distraída, sen contestares os meus saúdos.

-Ti ves visións, querida.

-Ías de ganchete do teu home. Por dúas veces no derradeiro mes.

-Do meu home? Alucinas. Se levamos preto dun ano separados.

-Estás de broma ou dis verdade?

-Como vou estar de broma neste asunto?

maniquis2-Separados desde hai un ano? Non o podo crer.

-Deixoume coa escusa de que non soportaba verme pola casa adiante coas medias caídas.

-Pois a muller que vin era igualiña a ti. Eras ti mesma. Cuspidiña.

-Non es a primeira que me vén con esa andrómena.

-O mesmo estilo de vestir, o peiteado, incluso a forma de mirar e camiñar, e o teu sorriso.

-Xa ves, querida, os homes mudan de muller por outra que vén ser a mesma. Pero cóntame, como levaba as medias?

6 comentarios en “Conversas de escaparate. As medias caídas

  1. Apreciado Fidel: Al enterarme de que estabas por la cafetería, intenté acercarme para saludarte después de tu descanso vacacional. Y al mismo tiempo saludar a esas simpáticas amigas que últimamente te has echado.
    Son estupendas No se meten con nadie y encima arreglan sus “desaguisados matrimoniales” sin alterarse, ni pedir consejo a nadie. Por cierto: ¿cómo llevaría las medias, para que su marido la dejara? Desde mi punto de vista no es estético, no hace bonito, pero tanto como para dejar a su “media naranja” por unas medias caídas…Sin embargo pienso que debían estar tan mal “caídas” que su amiga de escaparate, no sé si con segundas, le preguntó, según tú: Pero cóntame, como levabas as medias ? ¡¡Jajaja!!
    Desde Palmeira, mi recuerdo sincero.

    1. Prezada Naty: Agradezo as túas palabras como saúdo compartindo o Café coas outras amigas de Palmeira. Coido que, no meu caso, é máis vocacional que vacacional o contar con días de descanso para traballar sen horarios previstos. En efecto, desde cativo a miña ilusión era ser “rentista”, pensando -coitado de min- que era un oficio, un traballo. Xa grande, decateime que o máis aproximado estaba na xubilación. Que llelo pregunten aos filósofos da antiga Gracia. Apertas.

  2. “Cada marido ve en la otra mujer la persona siempre sonriente, la que no riñe, la arreglada siempre de físico, algo, en fin, que no tiene en casa. Lo mismo le pasa a la esposa ajena con él. ¡ Qué correcto siempre ! ¡ qué amable ! Es lógico, porque ambos están de “visita”.
    Hace poco que leí esto en una novela titulada”El casado imperfecto”.
    Cuando me pare ante las de pocas carnes en el cuerpo y pocas palabras en la boca le transmitiré telepáticamente esas líneas tan acertadas de Fernando Díaz Plaja.

    Un enorme placer toparme nuevamente en el Café contigo, querido Fidel.
    Es mejor escribir que irse de… SAFARI XIRAFAS.
    No eres nada dEscUIdAdO.
    Castos biquiños.

    1. Non debemos estar sempre “de visita”, é certo. O marabilloso sería aceptar as persoas tal como son, sempre e cando este “tal como son” non se pasen de rosca. O pracer é meu, Palmeiralibre e atenta Magdalena, volver compartir convosco este café.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *