Marina Losada Vicente. Esqueceu moitas cousas na vida, mais nunca esqueceu a quen lle quedara a deber. O caderno dos impagamentos descansa no fondo do último caixón. Non o mira desde hai anos, nin falta que lle fai. Ver a cara lavada dalgunha veciña, que sen pudor algún prometeu pagamento e ata hoxe, segue levantando feridas. Seguir lendo Caderno
Todolos artigos de: cafebarbantia
Un pouco de ira
Ignacio Castro Rey. (Todo xoguete ten dereito a romper. Antonio Porchia). Ao fin un “socialismo” non autoritario, aínda que con rostro vírico. Gran Irmán sen altofalantes, o temor de rabaño obedece en silencio. As liñas no chan dos corredores e as estacións do metro sinalan unhas indicacións de distancia que funcionan suavemente. Seguir lendo Un pouco de ira
Falsas teteiras
X. Ricardo Losada. Nunha entrevista televisada, o escritor Vladimir Nabokov asombrou a audiencia contestando con gran brillantez as preguntas mentres bebía te dunha cunca que o xornalista lle enchía reiteradamente cunha teteira que estaba enriba da mesa. Hoxe sabemos que o escritor ruso estivo especialmente brillante porque nesa teteira había whisky. Pero non só iso. Tamén coñecemos que sabía as preguntas con antelación e que contestaba lendo as respostas que tiña escrita nunha cartolina. Seguir lendo Falsas teteiras
Chagall
Fidel Vidal. Marc Chagall, un dos grandes mestres da pintura, foi clasificado por máis dun crítico como “inclasificable”. A arte “é un estado da alma”, dicía Chagall. Cada vez que lle pedían que explicara as súas obras contestaba que el mesmo non as entendía. Unha boa mostra da súa obra gráfica pódese contemplar na Fundación Barrié da Coruña que, por mor da pandemia, vai prorrogarse até o día 26 de xullo. Co título Fábulas e soños, dividímola, seguindo os pasos da técnica empregada, en tres (o catro) apartados: litografías, xilografías e augafortes. A cuarta parte correspondería aos poemas escritos. Seguir lendo Chagall