Todolos artigos de: cafebarbantia

As neves de antano, de Pascal Quignard

unnamedFidel Vidal. “Cando deixa de haber guerras? O Orleanesado ocupárono os celtas, os xermanos, os romanos (…), os vándalos, os alanos, os francos, os normandos, os ingleses, os alemáns, os americanos”. Así comeza As neves de antano (A ocupación americana), de Pascal Quignard (Círculo de lectores, 1997), nunha prosa exquisita e pulcra, na que navegan á par datas históricas e vidas íntimas. Vai de amores de mocidade, de frustracións, Seguir lendo As neves de antano, de Pascal Quignard →

Negro & branco

lavar_ropa_interior_Marina Losada Vicente. Mentres os recolle do chan -outra vez de cagarría-, Manuela recorda o tempo no que tiña que refregar a lorda dos calzóns do home no lavadoiro do Riodecima, igual que os mocos dos panos da man, que poñía a remollo, en Ese ou en Omo, a noite anterior. Procuraba ir de cedo e non só porque a auga estaba máis limpa -tamén estaba moito máis fría-, se non por non pasar a vergoña de dar a ver aquelas manchas todas Seguir lendo Negro & branco →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada

gonzales_pradaRomán Arén. Aproveitando o coronavirus e que o río Pedras pasa pola Pobra do Caramiñal, noto na miña biblioteca que esquecera a Manuel González Posada, figura moi importante na literatura do Perú de fins do XIX e comezos do século XX. Foi un anovador da métrica e a estrofa peruanas (rondel, balada, triolet) pero que soubo tamén empregar de xeito coloquial as letrillas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada →