Marina Losada Vicente. Como cada maio, Torrado entrou no meu despacho para facer a declaración da renda. É un home miúdo, que a pesar de vestir de traxe, sen garavata cando fai bo tempo, mantén na mirada ese aire de home de campo. Con oitenta e sete anos, o seu era falar sen límite, sobre todo do traballo como capataz de obra pública. Seguir lendo Máscara ou parapeto?
Todolos artigos de: cafebarbantia
Etiquetas do eu (II)
Ignacio Castro Rey. Despois hai outra cuestión discutible, que incumbe de novo á mestra e ao pupilo. Trátase en ambos dunha opción sexual “non binaria”, polo menos diso presumen. Con todo, curiosamente, é unha opción que non pode vivir sen inimigos. É máis, búscaos ou invéntaos continuamente. Seguir lendo Etiquetas do eu (II)
Etiquetas do eu (I)
Ignacio Castro Rey. O que segue é un comentario levemente crítico sobre o exitoso “La imposible dedicatoria”, de Paul B. Preciado (Revista da Universidade de México, abril de 2020). Antes do coronavirus, Preciado cóntanos que falaba por videoconferencia cos seus pais, residentes en Castela, unha vez cada dous meses. Seguir lendo Etiquetas do eu (I)
Diálogos de escaparate. A sesta interminábel
-Encántanme esas pestanas longas como paraugas.
-A min non me chistan nada. E ti tampouco te podes queixar do vestido. Moito máis elegante ca o meu.
-Non será tal.
-Que si, por non falar dese lazo tan xeitoso. Unha mágoa non poder lucilo paseando por fóra, co guapas, co guapa que estás. Seguir lendo Diálogos de escaparate. A sesta interminábel
