Todolos artigos de: cafebarbantia

Aplausos (I)

pexels-photo-3693914Fidel Vidal. Aplaudir, aplauso, do latín plaudere, significa ‘golpear’ unha man contra outra. Segundo o dicionario chámase aplauso ao acto ou efecto de aplaudir, é dicir, “de bater as palmas ou dar vivas de aprobación, de admiración, adhesión, etc”. Noutras acepcións, “aprobar con entusiasmo” ou “apoiar calorosamente”. É unha acción imprevista e franca de celebración diante dun acontecemento. Como país de aplaudidores, aplaudimos por case todo. Apláudese un gol de Messi, a interpretación dun actor, dun cantante, a resposta acertada dun concursante da tele, un bico dos noivos, o discurso –con abundantes interrupcións plausibles- dun político da nosa corda. Seguir lendo Aplausos (I) →

2020. Cambio de paradigma

pexels-photo-3991311Pilar Sampedro. Estamos en tempos de cambio. O que ata hai uns meses era normal, tal vez non volva selo. De repente, coma se dun cataclismo se tratase, o mundo deu a volta. Foi unha transformación potente pero silenciosa; non se trataba dun ataque terrorista senón da expansión dun virus, dun contaxio para o que ningún país estaba preparado. Unha contaminación vírica que encheu os hospitais ata desbordalos e pasar a ocupar recintos feirais e polideportivos. Toda a xente tivo que pecharse nas casas para que o virus non chegase a eles, porque andaba por todas partes. Tratábase de fuxir del, de non darlle ningunha superficie sobre a que poder pousar pois actuaba como un alien invisible que se alimentaba Seguir lendo 2020. Cambio de paradigma →

Decidiramos saír á rúa

Fio de Ariadna LauraLaura Dalama Veiga. Decidiramos saír á rúa a perdernos. O ceo parecía entender e, case coma se fose algo premeditado, conxugou co noso estado de ánimo: de cor gris azulada cun ton indefinido pero definitivamente triste e aflixido, cargado de nubeiros que impedían contemplar unha saída e con sons que ameazaban con deixar caer as bágoas que precederon o diluvio universal. Seguir lendo Decidiramos saír á rúa →