Todolos artigos de: cafebarbantia

Aproveitar unha boa crise

Hirukide_categoría-especial_2X. Ricardo Losada. Escríbenme varios amigos desde o confinamento polo coronavirus e dígolles algo que xa dixera Churchill: Nunca desperdicies unha boa crise. Intento mandar unha mensaxe optimista, do tipo da que manda Steve Jobs no seu famoso discurso na Universidade de Stanford. Aos 30 anos foi despedido de Apple, a exitosa empresa que el mesmo creara, e pensou en irse para sempre de Silicon Valley Seguir lendo Aproveitar unha boa crise →

O peso do sambenito

birdmanFrancisco Ant. Vidal Blanco. O personaxe que interpreta Michael Keaton en Birdman, recibe nun momento determinado unha monumental amoestación por parte da súa filla adolescente por non ter perfil nas redes sociais, pois así non vai chegar a nada por moito que se esforce, será un cero á esquerda, sen nome nin alcume que o reafirme, o estimule e o proxecte. Seguir lendo O peso do sambenito →

A manda da nai

kisspng-clock-face-digital-clock-time-alarm-clocks-file-reloj-7-55-svg-wikimedia-commons-5b8a392c6749d3.7678540515357852604231Marina Losada Vicente. O primeiro que facía a siña Milucha, aínda sen abrir o día, era franquear a porta da casa, a do pórtico, a fin de que na veciñanza desen conta de que xa se erguera da cama. Como o costume fai lei, e sentíndose vella, aprendeu a filla en tal mester. As leiteiras verían que aquela era xente de goberno e as labradoras anunciarían, chegando á praza, que na casa das Gorrións xa se estaba a pé. Seguir lendo A manda da nai →

Eloxio do encerro: os hikikomoris

pexels-photo-792033Fidel Vidal. Non é infrecuente comprobar como a loucura se adianta ao futuro facendo real, polo menos na fantasía ou na imaxe, un soño humano. Por non lle quitar razón a unha megalomanía, lembrémonos dos variados Supermáns. E como sorríamos cando as nosas avoas despedían o presentador do telexornal da noite abanando as mans. Por non mencionar os guillados que, sen acompañante que o xustificase, falaban sós pola rúa. Hoxe, uns e outros, os raros son os que pasean calados, xa que logo máis que nunca e a cada pouco, vemos parolando soas, como consigo mesmas, ducias de persoas que non paran de latricar coa mirada perdida, ou, se acaso, coas pantallas dos seus teléfonos.    Seguir lendo Eloxio do encerro: os hikikomoris →