Todolos artigos de: cafebarbantia

V. W.

ZJLQZT90WRMauricia Ces Quintáns. Sempre é outono, pensou. Si, tres meses de intenso outono. Desbordante, febril, sen compaixón; sen concesións. Leu por segunda vez ata a páxina 29 da novela de Virginia Woolf “La señora Dalloway” e decidiu que ía imitala. Claro que sempre podería volverse atrás; non facelo. Iso sería o máis probable. Probable era moito arriscarse. O acertado, sen lugar a dúbida, sería non enganarse a si mesma Seguir lendo V. W. →

Literatura feita por rapazada vs. literatura para a rapazada

catalogo2019Pilar Sampedro. Hai uns días escoitei algo que me fixo pensar en que ás veces poden confundirse ambas: a literatura escrita por nenos e nenas coa literatura escrita para eles e elas. Semella difícil a confusión pero, polo si ou polo non, imos darlle unha volta ao evidente. As persoas que escriben poden ser de diferentes idades. En principio, cando se trata de rapazada, pensamos en escritores en formación, individuos que dominan ata determinado punto as técnicas da escrita, polo que consideramos que son escritores en construción. Seguir lendo Literatura feita por rapazada vs. literatura para a rapazada →

Medicamento e negocio

farmacia1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén pon en dúbida a importancia das empresas farmacéuticas. Sen elas ata ter un catarro sería un problema. Elas contribúen en grande medida á mellora da calidade de vida. Pero se o ser farmacéuticas implica un ben para a sociedade, o ser empresa é un problema que leva ós seus directivos a sopesar que é máis importante, se evitar o sufrimento dos paisanos ou engordar a conta de beneficios dos seus conselleiros, socios e inversores. Claro que, a pesares de que a saúde non debería ser un negocio, calquera empresario ten como premisa fabricar cos menores costes e vender coa maior ganancia en función da necesidade Seguir lendo Medicamento e negocio →