A nai brasileira de Thomas Mann

10aXerardo AgraFoxo. Á media tarde acudín á oficina de información onde me atendeu Laise, unha moza morena e alegre, que escoitou con interese as informacións que eu acadara sobre a vida de Júlia da Silva na rexión de Paraty.

Existe a Fazenda Boa Vista?

Si.

Hai algún libro sobre ela?

Infelizmente, non.

Canto tempo residiu aquí Júlia da Silva?

Viviu aquí ata os 8 anos, pero coido que en Paraty ninguén sabe dela.

Nada?

10bCase non temos recordos. Foi “embora” para Alemaña e agora veñen moitos alemáns preguntado por Júlia da Silva. Eles din que o carácter melancólico de Thomas Mann obedece ás raíces da súa nai brasileira, que aparece reflectida nas principais obras do Premio Nobel.

Entón…?

Sentímolo moito. Houbo unha exposición sobre Júlia da Silva, pero non quedou nada dela. Só Diuner Mello, un “pesquisador” da vila, lle pode dar máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>