Todolos artigos de: cafebarbantia

Pinocho (II). Como facer un fillo

732942537c08f009b8cd86a88eb84006Fidel Vidal. “Era unha vez un cacho de madeira”. Pinocho, antes de ser boneco era só madeira, leña, un pau que Maese Cereixa, o seu primeiro dono, pretendía partir a machadazos. Un tronco que, ao recibir os golpes, protestou laiándose: “Ai!”, queixouse a leña. Estamos no inicio da linguaxe como función comunicadora. No laio da materia, no lamento “mater” da madeira. A resposta materna desde o fillo como madeira e verdadeiro portador da nai. Paradoxal, si, mais o caso é que quen dá nome á nai non é a muller que xera un fillo senón o fillo que outorga título de nai a esa muller que o vai coidar, fose parido ou non do seu ventre. Seguir lendo Pinocho (II). Como facer un fillo →

540 euros

unnamed (1)Marina Losada Vicente. Empatía é a facultade de pórse no lugar do outro. Ou da outra, máis difícil se partimos de certa dose de paternalismo. O médico recomendoume ir á piscina para frear os avances da miña doenza. Díxenlle que prefería outras maneiras de fortalecer as pernas. O facultativo insistiu no líquido elemento. Pedinlle alternativas ao aire libre, que son máis do meu xeito, sen deixar entrever os motivos polos que non podo ir á piscina. Pareceu molestarse. Como que eu non quería mellorar da miña enfermidade. Seguir lendo 540 euros →

O activismo de Emilia Pardo Bazán

descargaCésar Alen. Falamos dunha das pioneiras do feminismo como a famosa e mediática Simone de Beauvoir. Os traballos da escritora foron unha acicate, a punta de lanza da loita feminista. Ela como ninguén comprendeu o papel que debería xogar a muller, a sua natureza esencial, ou sobre todo a necesidade fundamental de adoptar unha posición política. Facerse visible, tentar colocarse no taboleiro, saír a escena é en si mesmo un acto político, como ben dicía a activista norueguesa Toril Moi. Seguir lendo O activismo de Emilia Pardo Bazán →

Distancia

descargaMauricia Ces Quintáns. Pita descontrolada no medio do túnel do corredor escuro: un vagón soltou amarras. A locomotora perdeu o norte, saíuse de vía. No corredor, a máquina do osíxeno troupelea como un tren canso. Un pulmón en vía morta. No corredor, a máquina de osíxeno expele, sen tregua desde hai dez anos, o sempiterno respirar ruidoso de tren vello, de tren canso, de tren antigo. Un pulmón xubilado en vía morta; esquecido. Seguir lendo Distancia →