540 euros

unnamed (1)Marina Losada Vicente. Empatía é a facultade de pórse no lugar do outro. Ou da outra, máis difícil se partimos de certa dose de paternalismo. O médico recomendoume ir á piscina para frear os avances da miña doenza. Díxenlle que prefería outras maneiras de fortalecer as pernas. O facultativo insistiu no líquido elemento. Pedinlle alternativas ao aire libre, que son máis do meu xeito, sen deixar entrever os motivos polos que non podo ir á piscina. Pareceu molestarse. Como que eu non quería mellorar da miña enfermidade.

            Hai moita xente que non vai á piscina: Non soportan o cheiro do cloro, teñen claustrofobia, atopan a auga demasiado fría, non lles gusta compartir espazos de duchas en común… Hai persoas ás que verse en traxe de baño e chancletas, co gorro obrigado calado ata as cellas, prodúcelle incomodidade ou calquera sentimento digno de ter en conta. Mais o médico non indagou os motivos.

            Pregunteille se andar unha hora diaria, a bo ritmo, é igual de bo que ir á piscina, pero como teimaba, e aínda que acabou dicindo que si, aclareille que non podo pagar a cota mensual.

            Estivo uns segundos retorcendo a palabra “mensual”, ata que ao final espétame, como se correse el coas miñas finanzas, que ir á piscina tan só ten un coste de cincocentos corenta euros ao ano. Veume á cabeza o que lera esa mañá, que o SMI para o ano 2016 era de 655,20 euros, o que me levou a pensar que aquel médico e mais eu liamos distintos xornais.

4 comentarios en “540 euros

  1. Querida Marina:
    Aunque no lo exprese, me pongo en el lugar de todos los que sufren y hago cuanto está en mi mano por aliviar algún dolor. En las circunstancias actuales y a mi edad no es mucho lo que puedo hacer: rogar porque mis hijos y nietos y todas las personas que como ellos continúan al pie del cañón prestando sus servicios, lo hagan con entereza y empatía.
    Un abrazo.

  2. Boa tarde: Empatia escribín fai cinco ou seis semanas. Empatia. Síntome unha privilexiada por vivir nunha casa con luces aos catro ventos e unha parcela na que podo matar todos os xenios. Empatia con todas as personas pechadas nun piso. Empatía con todas as persoas que teñen que sair a traballar necesariamente. Empatia cos meniños e meniñas que tardarán tempo en saber que forman parte dunha emerxencia.mundial. Moitos bicos. Pasará aínda que espero que non nos esquezamos xamais de que somos un mundo total. Un mundo único.

  3. Querida Marina:
    Pues ya somos tres en eso de andar y no nadar…Lo malo es que en estas circunstancias no me queda otra que hacerlo a lo largo del pasillo y cada vez que me asomo a la ventana -cual la vieja del visillo-, cojo un cabreo de campeonato: tengo una confitería enfrente y la gente entra y sale alegremente con y sin mascarilla, todos a una. Me admira que tratándose de una tienda tan pequeña la gente no haga nada por dejar al menos el espacio reglamentario. Sólo un señor se ha quedado en la calle manipulando el móvil y mirando de vez en cuando por la cristalera si se dignaba salir alguien. Mientras “asorellaba” he podido comprobar que sólo salía una persona con una barra de pan en una mano y con la otra no sé si se sonaba o tapaba las narices con un pañuelo. Con esta actitud ciudadana y el poco control que se ejerce por parte de la autoridad, no habrá manera de frenar la pandemia.
    Es ahora cuando echo en falta no saber manejar debidamente el ordenador: me gustaría subir vivencias de este encierro a mi blog, pero no tengo idea. Intenté hacerlo con la ayuda de mis nietos a distancia y no atino a enviar los datos que me piden por mucho que me lo expliquen. Desde mi ordenador lo hacen sin problema. Pero no es posible porque aquí se guarda la normativa mientras dure la pandemia.
    Veo que Magdalena saca tiempo para todo, por muchas lámparas de lágrimas que le echen. ¡Vaya joya que tenéis los de Barbantia!
    Me voy a ver ”Saber y ganar”, que ya habrá empezado.
    Unha morea de bicos dende lonxe.

  4. Parece que estás contando o meu caso, querida Marina; eu tamén prefiro o aire libre que estar baixo teito, por moi boa que sexa a climatización da piscina.
    Esa horiña e media da que disfruto cada día, incluso en días de festas de gardar, para mín é una regalía. Coñecer camiños novos, corredoiras e sendas, e falar con xente que non coñeces de nada pero que che contestan con toda a amabilidade, é impagable.
    Estes días, pola contra, en lugar das pernas, estou facendo deporte cos dedos. Baixoume J.M as lámparas, e non vexas o que tal relumbran os cristaliños de strás, os cales xa facía un par de anos que penduraban sen probar o cristasol.
    O coronavirus con este desorden de río revolto, tamén fai milagres.
    Moitos biquiños , Marina

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>