Todolos artigos de: cafebarbantia

A memoria voluble

memoria1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ó parecer, esta semana Xulio foi atendido da gripe que non dá sacado do lombo por un tal doutor Andrade, quen non o recoñeceu a pesar de que foron veciños e amigos de infancia. Nin se decatou das moitas indirectas que lle soltou para retornarlle a memoria; e por non recoñecer nin sequera tivo un aceno cando citou as rúas, as casas e os veciños a que Xulio fixo referencia constantemente. Seguir lendo A memoria voluble →

A casa xunto ao volcán

9788491514169Mercedes Rodríguez Fraga. Dicía noutra ocasión neste mesmo blog que a primeira novela de X. Ricardo Losada, Bótame deste mar fóra, era unha mostra do carácter «humano, demasiado humano» do autor, ao tempo que parafraseaba o título dunha obra de F. Nietzsche.

     Non se equivocaba X. Ricardo na presentación da súa última novela en Rianxo cando dicía que Nietzsche espertaba paixóns no seu alumnado de Filosofía. Por ese motivo, decidiu escribir sobre como a protagonista, unha alumna do IES Félix Muriel, construía a súa casa xunto ao volcán. Seguir lendo A casa xunto ao volcán →