A memoria voluble

memoria1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ó parecer, esta semana Xulio foi atendido da gripe que non dá sacado do lombo por un tal doutor Andrade, quen non o recoñeceu a pesar de que foron veciños e amigos de infancia. Nin se decatou das moitas indirectas que lle soltou para retornarlle a memoria; e por non recoñecer nin sequera tivo un aceno cando citou as rúas, as casas e os veciños a que Xulio fixo referencia constantemente.

      A memoria ten a virtude de ser voluble cando pesa e imperecedoira cando agrada. Vémolo cada día nos xuízos políticos e sociais de que nos informan todos os mediodías nos noticiarios, porque así como hai persoas que lembran as cousas máis arcaicas da súa vida, outras, á media tarde xa esqueceron o que xantaron ó mediodía, cando o normal sería que o cerebro fose borrando do seu circuíto de pregues e circunvalacións os arquivos máis antigos para deixarlle sitio ós máis recentes, facendo certo iso no que nos escudamos tantas veces, “pasou hai tanto tempo que xa non me lembro”. Unha frase que, por certo, é a mellor desculpa para pasar páxina, aínda que a cousa estea presente con pelos e sinais. A memoria hai que reescribila periodicamente para que non se borre de todo, para iso se inventaron as reunións de amigos, a cervexa de media tarde e as inesperadas chamadas telefónicas. Algún neurólogo terá que explicarme por que onte non me lembraba dos encargos para traer da tenda, e sen embargo era quen de recitar de memoria unha canción dos anos setenta. Non me quero imaxinar o catastrófico que sería se o meu ordenador (moito máis sensato co meu cerebro) comezase a borrar os apuntes de hai vinte anos para darlle cabida ás fotos de amenceres da última semana.
     Xulio achaca isto a que o cerebro non distingue entre o vello e o novo nin entre o importante e o inútil; pero outras veces non é culpa do cerebro, senón de nós mesmos, que o forzamos a esquecer o que non nos convén, nos avergoña ou non queremos lembrar.memoria1,1 A ver quen se atreve a negar que non ten nada vergoñento no seu pasado. Ou cantas veces non nos encontramos con algún amigo a quen había anos que non viamos e temos que mordernos a lingua para non rememorar algo que mellor sería esquecelo para non ofender. Certamente, a memoria depende do que nos apeteza lembrar.
      Ó final, cando Xulio xa saía da consulta, xirouse e contoulle ó seu doutor o conto de Andresiño, de quen se comezou a dicir que se ía a vivir cuns tíos de Vigo, que o adoptaban para sacarlle carga a seus pais, e ían tratalo coma un príncipe, pero o neno opúñase a deixar a casa paterna e prometía fuxir para volver, porque non renunciaba á súa aldea nin á súa xente nin os seus oito irmáns; e Xulio, ós seus seis ou sete anos animábao e ata o aconsellaba para que a fuxida da casa dos tíos fose un éxito. Pero o neno marchou e esqueceu axiña aqueles propósitos de rebeldía, e cando volvía polo pobo era de visita, sen tempo para xogar cos demais cativos. Cos anos, o doutor Andrade xa non volvía polos lugares da súa infancia porque non tiña amigos nin lembranzas, nada polo que volver nin nada que o motivase para facelo. Co tempo borráraselle da memoria e agora non sabía de que lle falaba Xulio.

2 comentarios en “A memoria voluble

  1. Querido Fancisco:
    A causa del condenado coronaviros han cerrado por tiempo indefinido los centros culturales en los que desarrollaba la mayor parte de mis actividades. Además se aconseja a los mayores que nos recluyamos en nuestros domicilios en tanto que no esté la cosa más clara. Mientras continúe esta cuarentena entre voluntaria e impuesta, espero poder dedicarle algún tiempo al ordenador. Acabo de asomarme a Café Barbantia y veo que seguís todos al pie del cañón.
    El mapa del tiempo me trae a mal traer: suspiro por la lluvia y el ver pintados unos negros nubarrones derramando gruesas lágrimas me eleva el ánimo; pero mi alegría dura poco porque, al día siguiente, en el lugar de los nubarrones derramando gruesas lágrimas, aparece el dibujo de un sol radiante. Tal como están cambiando las cosas debería alegrarme, suponiendo que sea cierto que el calor es el mortal enemigo del virus coronado.
    Pues menos mal que “a memoria ten a virtude de ser voluble cando pesa”, aunque no siempre sean justificables todos los olvidos, como en el caso del doctor Andrade. Existen muchos desmemoriados de ese estilo y los compadezco: tiene que ser muy triste una vida sin recuerdos… Me fío poco de los olvidos de antaño y me dan miedo mis olvidos de situaciones recientes.
    Un fuerte abrazo virtual, que no encierra peligro.

  2. Querido Francisco: El recordar, en ocasiones, depende del personaje que tengamos delante.- Muchas veces, he presenciado situaciones, como la que expones en tu narrativa, porque hay momentos en que no interesa conocer a la persona que tenemos al lado. Cuando todos sabemos que lo que se recuerda como si fuera hoy es, precisamente, el pasado.
    Cierto que la memoria es muy voluble, pero muchas veces actúa en función de la persona- como dije-, que nos encontremos en determinados momentos. Ahí es donde le doy la razón a Xulio- el de tu historia-, porque nuestra memoria, en ocasiones, olvida lo que no le conviene recordar.- Sobre todo, cuando se vive bien y no recuerdas o conoces, a esos amigos de la infancia, por tu “estatus social”.- Por eso, no es el primero que sintiéndose ofendido, les recuerda su infancia como he oído en alguna ocasión.- ¿Non te acordas de que viñestes á miña casa para pedir pan de trigo porque non tiñas na tua casa, entre outras cousas…?

    Después de tu narrativa termino diciendo: “Cada uno tiene el máximo de memoria para lo que le interesa y el mínimo para lo que no le interesa”. Arthur Schopenhauer. (1788-1860)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>