Laura Gutiérrez. A paisaxe muda paseniño co paso das estacións. Nestes días, a exuberancia do verán queda atrás, dando paso a unha vexetación cada vez máis ocre e espida. Mais a cor pódese dicir que non existe como tal. Trátase dunha sensación que fabrica o noso cerebro ao recibir sinais eléctricas procedentes duns receptores que se atopan no fondo dos nosos ollos, na retina. Seguir lendo Paisaxe de outono
Todolos artigos de: cafebarbantia
Inseminación artificial: a cánula áurea
Fidel Vidal. Ante a imposibilidade dalgún feito, de algo que non podía ser, un recordado amigo replicaba: “O que non pode ser é parir sen foder”. Hai parellas sen descendencia acudindo á praia da Lanzada por aquilo das nove ondas, por ver se prendía, e mulleres como a veciña de enfronte que empreñaba só con pór ao clareo os calzóns do seu home. Desde a inseminación artificial até a fecundación in vitro, a cousa mudou espectacularmente. Seguir lendo Inseminación artificial: a cánula áurea
Retrato de Ánxela Franco
Pastor Rodríguez. Dous nomes imprescindibles na vida social e cultural do Barbanza e máis alá da nosa bisbarra: a pintora de Corrubedo, Maralla Paz Franco, e a política sonense Ánxela Franco Pouso, dúas liñas de forza, dous remuíños de iniciativas. A pintora máis matérica e máis expresionista fronte á política nacionalista máis inqueda, con máis forza, sempre a carón dos débiles. Seguir lendo Retrato de Ánxela Franco
Sorriso
Marina Losada Vicente. Apuntouse a un obradoiro os sábados. A mestra propuxo un xogo como exercicio de presentación. Sentadas a unha mesa, as asistentas tiñan que coller un papel ao azar e escribir unha palabra que definise a compañeira que nel aparecía nomeada. Elvira, antes de abrir a folla que tiña na man, pensou en como a definirían a ela. Con cincuenta e sete anos podería ser a nai de todas as demais. De algunha, mesmo podería ser avoa. Abriu o seu papel e leu o nome de Yeisa, afroamericana, cunha preciosa melena e unha pel escura, escura, escura. Sentiuse sen liberdade de movementos polo fácil e polo difícil da escolla. Seguir lendo Sorriso