Inseminación artificial: a cánula áurea

245px-Enrique_IV_de_Castilla_croppedFidel Vidal. Ante a imposibilidade dalgún feito, de algo que non podía ser, un recordado amigo replicaba: “O que non pode ser é parir sen foder”. Hai parellas sen descendencia acudindo á praia da Lanzada por aquilo das nove ondas, por ver se prendía, e mulleres como a veciña de enfronte que empreñaba só con pór ao clareo os calzóns do seu home. Desde a inseminación artificial até a fecundación in vitro, a cousa mudou espectacularmente. Xa ves, querido amigo, na actualidade non é preciso foder para dar a luz unha criatura. “Uma molécula disse sim a outra molécula e nasceu a vida” (Clarice Lispector, A hora da estrela).

Desde a antigüidade sabemos da importancia da fertilidade do valor segundo épocas e crenzas, producindo unha manchea de ritos e deuses, maiormente deusas (Astarté, Afrodita) consagradas á fecundación. Como excepción, no antigo Exipto a infertilidade non se consideraba un castigo divino senón unha enfermidade a diagnosticar e tratar, así como a adiantada aseveración de que non todas se debían á muller, xa que logo, como se confirma en varios relatos, nalgunhas ocasións a causa está no home.

Nun avance do tempo e da ciencia contra a maxia, en 1677 os tratados de obstetricia apuntan a van Leeuwenhoek como o primeiro en visualizar espermatozoides. A finais do XVIII o cura e fisiólogo Spallanzani realizou unha inseminación artificial nunha cadela que pariu tres cachorros, e estableceu que “para que un embrión se desenrole é preciso o contacto entre o óvulo e o espermatozoide”. En 1790 o cirurxián escocés John Hunter realizou os primeiros intentos de inseminación artificial en humanos, que deron lugar ese mesmo ano ao nacemento dun neno san.

Mais esquecéronse de Enrique IV, “o impotente”, o medio irmán de Isabel a Católica, “a usurpadora”. Segundo cronistas da época (Alonso de Palencia), como o seme do rei era cativo, os médicos foron quen de lle provocar eles mesmos o orgasmo masturbándoo. Malia ser “acuoso e estéril”, foi suficiente para intentar a inseminación. 22826983031“Entregaron á segunda esposa de Enrique, Juana de Portugal, unha cánula de ouro para que introducise na vaxina o seme do seu marido”. Así o informou Hieronymus Münzer, supervisando a manobra “un respectable e rico físico de nome Samaya, quen fora médico real durante décadas”. Velaí “o primeiro intento de inseminación artificial do que temos constancia histórica polo desesperado que estaba o medio irmán de Isabel a Católica para ter herdeiro ao trono” (Giles Tremleft, Isabel a Católica, 2017).

Segundo Marañón a inseminación realizouse en Aranda de Duero mediante unha cánula ou tubo abacelado de ouro (per cannam auream) no corpo da raíña Juana de Portugal. “É dubidoso que tal procedemento tivera éxito, posto que aínda que a raíña efectivamente tivo unha filla en 1462, a princesa Juana, as dúbidas que houbo sobre a súa paternidade fixeron que recibira o sobrenome de ‘la Beltraneja’, en alusión ao seu presunto verdadeiro pai, o valido do rei” (Gregorio Marañón, Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo, Madrid, 1930). Nesa apreciación coincide Giles Tremlett: “É imposible demostrar ou refutar a teoría que deu pe ao alcume posterior de Juana la Beltraneja, ao atribuírse a paternidade do seu fillo a Beltrán de la Cueva, o mordomo de Enrique”.

8 comentarios en “Inseminación artificial: a cánula áurea

  1. Tú nunca metes la pata, querida Mari Carmen, a todos los sabios les ocurre, y tú como sabia que eres, el despiste forma parte de tu inteligencia. Fíjate en mi segunda respuesta a Fidel, en lugar de ribeirense le llamé palmeirán, pero lo mío no fue despiste, fue por cortedad de miras, puse una coma inexistente, y leí el texto erróneamente.

    Besiños palmeiráns para todos.

  2. ¡Qué razón tenían mis compañeros cuando al jubilarme me aconsejaron que me dedicase a escribir una antología del despiste! “Ahora que vas a disponer de tiempo” -me dijeron-. Sólo se equivocaron en lo referente al tiempo: los despistes con los años van in crescendo.
    Acaba de enviarme un wassap Magdalena en el que me pone al tanto de mi metedura de pata al felicitarte por el premio literario: parece ser que el premiado es Antón Riveiro. Os pido perdón a los dos; pero es que últimamente, a causa de una serie de vicisitudes, apenas echo una mirada rápida al ordenador, y luego me ocurren estos dislates.
    Conozco poco de la obra de ambos; pero, después de lo sucedido, se impone leeros para juzgar con criterio propio vuestra labor.
    Un abrazo compartido.

  3. Querido Fidel:
    Antes de nada felicitarte por el importante y merecido premio literario.
    Estoy leyendo “Á sombra da cinza”, “paseniño”, ya que mi tiempo para dedicar a la lectura es poco; pero también porque es una lectura en la que tienes que detenerte a meditarla.
    Es curioso, el primer libro que leí de Marañón fue precisamente “Ensayo biológico sobre Enrique IV”. Después le siguió “Don Juan”, que tampoco se queda corto en temas eróticos extravagantes cuando se refiere a los “iluminados” (o “alumbrados”), como un franciscano de Ocaña que recomendaba la cópula con santas mujeres para engendrar profetas. Y no hablemos de las monjitas del convento de San Plácido que llegaron a creerse preñadas por el mismísimo diablo… Y los tejemanejes del de Olivares, mezcla de sexo, religiosidad y magia. Cuando comencé a leer estos libros siempre pensaba que aquello no se parecía en nada a la Historia que me habían enseñado en la escuela…
    Sobre el origen de los bebés, recuerdo una excelente película, “Mañana será tarde”, protagonizada por Pier Angeli, en la queda reflejado el desconocimiento que teníamos los jóvenes sobre el tema.
    Buen fin de semana.

    1. Grazas polos parabéns, pero non fun eu, miña prezada Carmen quen levou premio ningún, senón os nosos admirados amigos Ricardo Losada, o Premio Viaduto con “A casa xunto ao volcán” e Antón Riveiro Coello o Torrente Ballester coa novela “As liñas do paraíso”. Estamos de noraboa no Barbanza.
      De todos xeitos agradezo o interese polo meu libriño e as túas verbas sobre relixión, maxia e sexo, como complemento á entrada da avangardista “cánula áurea”.
      Saúde e -vai sendo hora- que escampe axiña.

  4. Fas moi ben en pensar que os nenos veñen de París, benquerido Palmeirán, porque eu tamén o penso; do outro xeito, que no nos vaia a pasar igual que ó rijoso don Rodrigo ( o violador de Florinda ) que foi enterrado vivo con duas serpes ( por facer cochinadas ) e berraba así:
    “Ya me comen, ya me comen
    por do más pecado había:
    A tres cuartas del pescuezo
    y a una de la barriga”.

    Por si acaso, mellor pensar que chegan no fardelo colgado do peteiro da cigoña.

    Os recordos serán dados, estou en contacto permanente con ela.

    Moitos biquiños non AdUltErInOs, palmeiráns.

    1. Só os meus parabéns, atenta Magdalena, pola ledicia de ler o teu comentario nun galego ben fermoso. Envexable. Aprenderemos xuntos.
      Seica os bicos AdUltErInOs gozan de maior prestixio -talvez pola paixón e o temor de ser sorprendidos- que os, ímoslle chamar ortodoxos. Pero admitimos calquera manifestación de afecto.
      Todo sexa pola amizade.

  5. Eu son, miña atenta Magdalena de Palmeira, dos que aínda pensan que os nenos veñen de París nun fardelo colgado do peteiro dunha cigoña. De onde mellor? Loa aos insistentes.

    A SACA DE RIA Ó AIRE DA CASA nunha fOgUEIrA.

    Saúde e recordos a María Luisa de Orleans.

  6. Seguro que te acuerdas también de María Luisa de Orleans, casada con el mal dotado genéticamente Carlos II. Cuentan que como tardaba en quedarse embarazada, en las tabernas cantaban así:
    “Parid, bella flor de lis,
    que en aflicción tan extraña,
    si parís, parís a España,
    si no parís, a París”.

    AMAD A LA DAMA, con, o sin prOgEnItUrA.

    Castos besiños palmeiráns, querido Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>