Todolos artigos de: cafebarbantia

A conciencia da galiña morta

IMG-20190619-WA0002Marina Losada Vicente. Contoumo a filla, certificando que a súa nai era unha boa muller, de gran corazón. Tivera un pedido inusual aquela mañá.  Entrara na tenda Ricardo, un veciño da aldea, que non tiña cartos para cousa ningunha, moito menos para tales praceres, polo que difícil sería que volvese entrar alí. Pedíralle que lle matase unha galiña para o día seguinte, que tiñan algo que celebrar. Seguir lendo A conciencia da galiña morta →

Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida

Imaxe de Carballo CaleroPilar Sampedro. Non homenaxear a don Ricardo era rebaixar a Real Academia Galega, era falar de vinganza porque alguén non lle podía perdoar algo, era falar de medo porque alguén o temía aínda despois de morto. Cando iso pasa, hai que preocuparse. Eu non vou falar dos seus méritos, veranse unha e outra vez ao longo do ano, a ninguén se lle ocorreu ata o de agora negalo pola falta de valía Seguir lendo Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida →

Xenebra STEM

como-preparar-el-gin-tonic-perfectoX. Ricardo Losada. Lendo unha entrevista co famoso neurocirurxián Henry Marx, atopo unhas declaracións nas que di que as tres grandes contribucións británicas á cultura mundial son a BBC, a tradición experimental en filosofía e o gin-tonic. Coméntollo a un amigo enxeñeiro e dime que lle sorprende moito que un científico fale dunha tradición filosófica como unha gran contribución á humanidade. Seguir lendo Xenebra STEM →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

rojas zorrillaRomán Arén. Nacido en 1607, é famoso polos dramas en que trata o tema do honor como Del rey abajo, ninguno (1640), pero tamén por comedias como Entre bobos anda el juego (1637); polos autos sacramentais, polos dramas relixiosos como La viña de Nabot; escribiu máis de setenta pezas. Toledano, de orixe conversa, morreu en Madrid en 1648. En 1645, malia as orixes xudías, logrou ser Cabaleiro de Santiago. Na súa peza El catalán de Serrallonga y bando de Barcelona (ca. 1635) ironiza sobre a falta de lealdade dos galegos, no diálogo entre Serrallonga e o “gracioso” Alcaraván:

Serrallonga: ¿Tendrás ánimo? Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla →