Marina Losada Vicente. A todas nos pasaría algunha vez, non é difícil de imaxinar, cando a saia e a combinación formaban un binomio indisoluble. O caso de Rosa foi ben máis chamativo. Loito perpetuo, agás na intimidade do seu fogar. Poucas persoas tiñas acceso a el, que xamais foi amiga de visitas, pero as que si entrabamos, non podiamos menos que sorprendernos, cada vez, de vela en roupa clara. Seguir lendo Negro perpetuo
Todolos artigos de: cafebarbantia
Influencias
Antón Riveiro Coello. Abraian as mortes de youtubers e a súa casuística absurda: comendo cempés, tirándose en parapente, conducindo unha moto cos pés ou guiando un patinete eléctrico pola estrada. A obsesión por non perder interese nas redes leva a unha perda do anonimato e a unha sobreexposición pública que ás veces pasa unha factura fatal. Seguir lendo Influencias
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco
Román Arén. Os que vivimos no franquismo temos lido e oído os panexiristas de Franco cualificalo de “centinela de Occidente”, “Caudillo”, “espada que venció al comunismo” e ata que era gran cazador e pescador, pero o do sorriso de Francisco Franco logra aínda deixarnos abraiados. Pero non debía ser así entre 1936 e 1945, xa que os seus poetas turiferarios tiñan moi presente este sorriso. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXII. Manuel de Góngora e o sorriso de Franco
Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)
Domingo Regueira. “O corpo existe tan só para que o Espírito se manifeste”. Isto escribíao un señor do século XIX.
A metempsicose é unha doutrina segundo a cal as almas, despois da morte, transmigran a novos corpos para correren unha nova aventura.
Hai almas de artistas, funcionarios, mercenarios, exotéricos e esotéricos; estes últimos —segundo contan—, dispoñen de singulares enerxías que lles permiten relacionarse coas deidades, viaxar ao astral e leren nos “Arquivos Akáshicos” canto lles peta. Son os que máis saben destas cousas; pero só llelo contan aos iniciados. Seguir lendo Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)