Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)

1490298145_103231_1492098792_noticia_normalDomingo Regueira. “O corpo existe tan só para que o Espírito se manifeste”. Isto escribíao un señor do século XIX.

A metempsicose é unha doutrina segundo a cal as almas, despois da morte, transmigran a novos corpos para correren unha nova aventura.

Hai almas de artistas, funcionarios, mercenarios, exotéricos e esotéricos; estes últimos —segundo contan—, dispoñen de singulares enerxías que lles permiten relacionarse coas deidades, viaxar ao astral e leren nos “Arquivos Akáshicos” canto lles peta. Son os que máis saben destas cousas; pero só llelo contan aos iniciados.

A transmutación das almas aos novos corpos vén asignada co nexo de que, segundo o comportamento que tiveramos na vida anterior, así imos —na nova— dispor dun coche ecolóxico, un de segunda man ou un estartelado.

Pero tamén se poden reencarnar nun porco, nun monarca, dun presidente dunha eléctrica, etc.

Este elemento incorpóreo e intanxible leva toda a vida con nós e, que eu saiba, a poucos nos deu por  pedirlle explicacións.

Había que dar con “Os vendedores de imposibles”, de Giovanni Papini, ou esperar a próxima xeración de móbiles que, segundo din, daquela poderemos falar cos defuntos.

Hoxe intentar falar coa alma é coma discutir “chorradas” con Marhuenda.

Quen non cometeu burradas inconscientemente ata o punto de arriscar a vida, quedar eivado ou en ridículo?

Será acaso a ánima quen nos mete nestes fregados?

Cando intentamos escribir ou pintar, e o espírito non ten ganas, non saen máis que parvadas (si, xa sei o que pensan…).

Despois, tanto poetas como artistas andan desesperados pola falta de ocorrencias, botándolles a culpa aos numes, ás musas, fadas e gnomos, por non achegarnos percepcións máis aló dos nosos vulgares sentidos.

Logo están as almas dos que ven o fútbol nos bares, gritando o gol, descargando un carro de improperios contra os pais, a nais, os mortos dos colexiados, e contra os santos que os matricularon.

Se gravasen un audio cos “pecados” que votan durante un partido e llelo puxesen na orella, os futboleiros cuestionarían a súa alma, por descargaren  a través deles tales metílicos insultos.

Estas irreverencias, non saen do corpo senón da alma.

Son espíritos fanáticos, crispados. Desafogan a súa ira a través dos inocentes corpos que a miúdo acaban a tortas. E se estes non fan algo por comportarse, para a próxima reencarnación espéraos unha boa!

Se as almas son unha presenza —por chamarlle algo—, incolora, que nin fotóns se lle recoñecen, non sei como poden dicir que arden no purgatorio.

Alá quen llelo crea!

11 comentarios en “Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)

  1. Con tantos y tan largos comentarios, ando bastante perdida. A Domingo le digo que, al parecer, el Cardenal de Santiago está por la labor de dejar entrar de balde al que quiera contemplar el tesoro catedralicio. Por algo se empieza…
    Y de las grandes cuchipandas ¿qué me vas a contar…? De ahí viene la frase “comín como un cura”. Pero no podemos negar que todavía existen sacerdotes pocos que se vuelcan en los demás. Alguno conozco.
    Y, como habláis del libro de Fidel “A sombra da cinza”: yo también lo he logrado esta mañana en Puebla. Tendré que esperar a mi llegada a Madrid para leerlo.
    E agora xa vai sendo hora de fuxir para a piltra.
    Boas noites.
    -

  2. Peor fue lo mío cuando creí sufrir un embarazo extrauterino: pasé largo tiempo angustiada pensando que, al estar cerradas para mí las puertas del Limbo, ya no podría ver al hijo que estaba gestando (que resultó hija). Menos mal que ese lugar parece haber desaparecido sin más.
    Sobre el Purgatorio habría muchísimo, pero muchísimo que comentar… Lo dejo para vosotros que sois los instruidos en cuestiones metafísicas y terrenales. Aun cuando Fidel lo ha hecho largo y tendido.
    ¡Qué bien compagináis lo serio con lo jocoso.!
    Un abrazo.

  3. Bos días, noso Mingucho. Casi me siento obligada a contestarte, pues al considerarme una analista a tener en cuenta, los rítmicos movimientos de nuestra víscera tan vital, se aceleraron en demasía; menos mal que estaba sentada. Enseguida me tranquilicé al considerar que nuestra embrionaria alianza era la que te inducía a considerarme como tal. Te lo agradezco sobremanera, pero ya sabes que el cuerdo, o entendido, no es el que proporciona las buenas respuestas, es aquel que plantea las buenas preguntas. Y si me permites, quiero darle las gracias también a nuestra querida Mari Carmen, ya me gustaría saber escribir con tanta corrección como ella lo hace.

    De novo biquiños castos, ( moito aprendo de Fidel ) desde o Brañal ata o Eitón

  4. Arre demo coa túa réplica a Mgdalena!
    Después de luchar desesperadamente con el condenado “pincho” que me da paso a Internet y lograr con grandes esfuerzos dejar mi comentario, me encuentro con tu nueva entrada. El caso que la respuesta a ésta se ha esfumado dos veces sin saber su paradero.
    A ver si ahora atino, quedándome con dos frases: “Empezaron facendo trampa”. “Detrás delas hai perversas intencións idiotizantes”.
    Ata mañá.

    1. Apreciada “Palmeiralibre” (Tita Mary):
      Alégrome que volveses a conectar cos espíritos subliminais dos iniciados, pois coido que non deberiamos abnegar de cantas hipóteses, conxecturas ou percepcións que palpitan na alma de cada un.

      Sempre resultan gratas as replicas aos comentarios que uns e outros vertemos neste muíño de mantras, no cal conxeturamos sen que correctores éticos, morais e gramaticais no lo impidan nin tampouco cobren por elo como agora fan nas catedrais.

      O caso é que neste vertixinoso esvaramento que sufrimos, tampouco é de estrañar, que a calquera momento nos poñan neste “café”, un cepillo voluntario. Así empezou o Vaticano.

      Comparemos a roída chilaba —que o Maestro luce nas películas—, ca do boato de alta costura que papas, cardeais, arcebispos e bispos locen nas súas galas; e non comparemos as austeras ceas de Leonardo, sen pulpo, mariscos nin albariños, cos opíparos banquetes de dobre mantel.

      Digo isto coa intención de seguir coa miña obstinada evanxelización cara o transhumanismo que cada vez nos peta con mais forza nas nosas cacholas, cada vez son máis duras.

      Eu agora doume un croque, e non me doe como cando mo daba Don Camilo.

      Di o tango Cambalache:

      Hoy resulta que es lo mismo
      ser derecho que traidor,
      ignorante, sabio o chorro,
      generoso o estafador…
      ¡Todo es igual!
      ¡Nada es mejor!
      Lo mismo un burro
      que un gran profesor…

      É por iso admirada “Mary” que debemos preocuparnos para que na “próxima” a nosa alma estea un pouco mais evolucionada a fin de mermar posibles contrariedades, traballos e non ter que empezar no silabario.

      Unha cariñosa aperta, dende o Eitón.

  5. Querido Mingucho:
    Ante todo felicitarte por tu artículo repleto de humor, aun refiriéndose a tema tan trascendente.
    Después de leerte, me pregunto en qué acabaremos los simples mortales que no salimos de la mediocridad. ¿Seguiremos por siempre sin alcanzar un más alto grado de sabiduría…? Lo puñetero es no tener una referencia de vidas anteriores. Si he de serte sincera, no aspiro a formar parte del selecto grupo de los iniciados ni tan siquiera le tengo simpatía a ese vocablo. Mas bien me repele.
    En lo referente a dialogar con el alma de uno mismo, pienso que lo hago alguna vez. Como esta mañana, pongo por caso, sin obtener respuesta, al verme obligada a matar las hormigas -tan pequeñitas producen más pena- que invadían el pan o llegaban hasta mi propia cabeza.
    A pesar de todo, soy de las que confían y esperan en la Fuente que apague su sed.
    Acabo de leer el comentario de Magdalena y me ha dejado maravillada: habiendo asistido en varias ocasiones a ver la Tetralogía wagneriana, no me siento capacitada para hablar como ella lo hace del Valhalla, las valquirias, Freya, Odín o cualquier otro personaje de la mitología nórdica. ¡Es única!
    Que os vosos sonos sexan bonitiños.

  6. ¡ Hola, noso Mingucho ! De no haber visto tu nombre en el artículo pensaría que estaba leyendo a Fidel Vidal , lo digo por lo de la “metempsicose” y otras palabrejas que para los psiquiatras están al orden del día.
    No sé si el cuerpo es el vehículo de la manifestación del espíritu, pero sí, está claro que de no existir antes el cuerpo, no existiría el espíritu que saldría de él. En la mitología nórdica, aquél que moría con honor en la lucha, las valquirias, hermosas doncellas guerreras recogían las almas de los nobles muertos para llevarlos a la fortaleza conocida como Valhalla, donde los esperaba Odín. Allí no existían las “chorradas de Marhuenda, ni tampoco los improperios dirigidos a la parentela de los árbitros, pero su alma seguía luchando para poder participar en aquellos gloriosos festines. Aquel era su cielo.

    “Estas irreverencias non saen do corpo senon da alma”. Yo opino, que cuando alguien suelta esas tarascadas, es simplemente porque su especialidad son los enemigos, no los amigos, y también lo hacen para descansar el cerebro del cansancio de utilizarlo veinte minutos en las veinticuatro horas. En esos momentos su alma está en el limbo.

    Gracias Mingucho, por tu divertida entrada, hoy has estado un pelín más optimista que de costumbre. Te dejo un “me gustaaaa”

    Besiños desde o camiño do brañal ata o porto.

    1. Querida e admirada Magda:
      Nunca pensei que alguén puidera replicar a tal exhortación, pero no teu caso, ante a evidencia, ríndome.

      Sácaslle punta o lapis a calquera tema por moi vulgar que sexa, o cal, fai que se che considere unha analista a ter en conta, nestes oníricos relatos.

      Cando lanzamos tales paridas, ti fas que nos midamos antes de verter estas esotéricas especulacións.

      O caso é, que si non iniciamos tales practicas, non sairemos nunca da mediocridade en que estamos inmersos.

      E necesario romper co tabú da prudencia a meter o pezuño; pois desta maneira —cometendo errores— é como se aprende.

      O transhumanismo, cabalga sobre nós e apenas o percibimos.

      Vemos como os nosos retoños manexan as novas tecnoloxías, e nos con cara de parvos non catamos o cambio xeracional que nos invade.

      Estes novos sucesores, reciben as almas dos seus evolucionados devanceiros que escaparon a contaminación das falsas ensinanzas e a os dogmas de fe.

      Hoxe estanos flaxelando con perniciosos decibelios de festivais “entrebateas” “discotecas Móbiles” Festas da Dorna e bañados de balcón, disfrazando estas celebracións de fastas BIC. onde todo se move en torno o alcohol e outras opiáceas sustancias.

      “Musica dos Pobres”
      Empezaron facendo trampa co plaiback nas televisións, e tragamos, logo as orquestras co CD — que en vez de cantar, bailan que se matan—, e tragamos, e por último, poñen o camión do ruído sen que ninguén llo pida.

      “Musica megalítica”:
      Pódese chamar a música dos nosos devanceiros. Dúas conchas, unha pandeireta e unha botella de anís, sen nada electrónico, organizaban unha fiada. Agora se non hai bafles non se pode montar batendeira algunha. Hai que alugar un xerador de 10.000 W.

      Con menos, xa mataban os alemáns na guerra.

      Os oligarcas coidan que só os fillos deles serven para pastorear as manadas e o resto do rabaño está para ser controlado.

      As novas festas non son casuais. Detrás delas hai perversas intencións idiotizantes, atrofiantes e alienantes, para que os rústicos non saian do curro.

      Dende o Eitón, unha bico veciña.

      1. Non me queda outra, amigo Mingucho, que entrar no purgatorio destes comentarios, debido ás citas que fai de min a nosa sempre disposta Magdalena.
        Natualmente que hai purgatorio, malia o derradeiro borrado papal do mesmo. E dígoo porque aínda latexa en min a estampa que os meus pais dicidiran pór á cabeceira da cama: a Virxe do Carme con Neno e escapulario ollando para os coitados -moitos deles espidos- que agardaban, pregando, entre lapas.
        Era o “gozoso sufrimento” -uns adiantados a certas doutrinas psicanalíticas- causante de moitos dos meus pesadelos de cativo. Vaites se existia! E aquelas almiñas non eran ígneas, semellaban de carne e óso.
        Saúde.

        1. Amigo Fidel:
          Como sempre, “Me llena de orgullo y satisfación”, que apostilles nestas estrovertidas elucubracións.

          Coido que cada un, ten lexitimo dereito a expor as súas teorías, experiencias e divagacións. E isto debe ser un exercicio, que o ser humano pode e debe usar a modo de espello para ver refrexada a percepción da súa realidade sen que lle sexa un trauma cometer apostasía.

          Como ves, as nosas veciñas non deixan a bufarda, (saeteira). Están sempre o asexo, pero no fondo parecen que aceptan outras doutrinas. Digo isto por que coido que no me escoitan.

          Recibín o teu correo.

          Vémonos na presentación da túa nova obra
          “Á sombra da cinza”
          Un pracer, querido mestre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>