Fidel Vidal. A palabra escuro, de obscurus (cuberto, non visible e confuso), está formada polo prefixo ob– (enfrontamento, oposición) e unha raíz indoeuropea (s)keu– (cubrir, agochar). Defínese como aquilo que emite, recibe ou reflicte pouca ou ningunha luz. Algo tenebroso, críptico, ignoto, que provoca dúbidas e inseguridades. Seguir lendo Da escuridade
Todolos artigos de: cafebarbantia
Días despois…
Xosé Manuel Lobato. “E o coitelo afundido na lingua/os bufóns celebrando o etnocidio.” (Paco Souto). Primaveral alborexar sobre o Xurés, un rechouchío inquedo, mesmo convulsivo e obsesionado, coroa de acordes un afinado soar, conquistando dende a profunda vexeta toda a contorna. No ar sobrevoan brancas linguas necesitadas de agarimo e comprensión, mesmo innecesario nun pobo cun alto estadio de coherencia e dignidade
Escribir en galego
X. Ricardo Losada. Atopo nunha libraría de Santiago un escritor galego que coñecín hai pouco na presentación dun libro. Comezamos a falar sobre os libros que estamos lendo e, finalmente, derivamos a conversa ao tópico de se paga a pena ser escritor en Galicia. El considera que non (de feito, leva tempo sen escribir) co argumento de que lle dás moito máis á literatura do que a literatura che dá a ti. Seguir lendo Escribir en galego
Mochila incontinente
Marina Losada Vicente. Cos anos, de tanto amorear, a memoria esvaece as certezas. Mestúraas. Confunde os lindes. Move os marcos. Atesoura aquelas que lle compracen. Cóidase das maliciosas. Goza dos logros. Máis todas están aí, á espera de seren rescatadas. Difícil baldeirar o contido, un alivio que raramente se dá de forma natural. Xa quixéramos. Quedarnos só con aqueles recordos que nos abren camiño a mellores días. Cara adiante. Pode darse no futuro, cunhas pastillas selectivas, mesmo mercar recordos doutras persoas, como se fai coa taxa do leite ou co cupo da sardiña, máis a día de hoxe viaxamos con esa mochila incontinente. Seguir lendo Mochila incontinente