Todolos artigos de: cafebarbantia

Ciencia comunicable

9788416721382Eme Cartea. Kalandraka saca este magnífico libro, Viaxeiros, número 6 da colección Animais extraordinarios. Un álbum ilustrado saído das sabias mans de Xulio Gutiérrez, autor do texto, e de Nicolás Fernández, ilustrador, que repasa a vida de 12 animais salvaxes: hábitat, alimentación, reprodución, costumes, características… e migración.

Subliñamos o exquisito coidado no tratamento de texto, a ilustración, a impresión, o deseño da páxina e a edición. O mellor dos estímulos para a lectura como lecer emocional, formativo e intelectivo. Prodesse et delectare, como nos di o poeta latino Horacio. Seguir lendo Ciencia comunicable →

Álava, capital Vitoria

descarga (1)X. Ricardo Losada. A hipótese dos seis graos de separación establece que unha persoa pode estar conectada a calquera outra do planeta a través dunha cadea de coñecidos que non ten máis que cinco pasos intermedios. Propúxoa o escritor húngaro Frigyes Karinthy nos anos 30 baseándose na idea de que o número de coñecidos crece exponencialmente co número de enlaces da cadea, de tal xeito que só un pequeno número de enlaces son necesarios Seguir lendo Álava, capital Vitoria →

Unha regata de tolos (II). O destino

goldenFidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior. Seguir lendo Unha regata de tolos (II). O destino →

Osorio Anes: Un trobador para Lousame

Osorio-Eanes-Cuidei-eu-d-meu-BNPastor Rodríguez. Osoiro Anes é un dos poetas máis antigos da poesía galega e, sen dúbida, o máis antigo do Barbanza. Fillo de Johan Froaiz Mariño, que fixo testamento en Toxosoutos en 1220, e de Urraca Fernández, pertencía á poderosa liñaxe dos Mariño, con terras na ría de Arousa e na bisbarra de Noia. Crese que naceu en Toxosoutos entre 1195 e 1200, fixo testamento o 15 de abril de 1236 e pouco despois faleceu. Sábese tamén que foi estudante en París, onde se atopaba en 1220, e logo sería cóengo en Compostela. Trobador e non xograr, activo no primeiro terzo do século XIII, do que conservamos oito cantigas de amor, o xénero do lirismo trobadoresco galego-portugués máis próximo á tradición provenzal. Seguir lendo Osorio Anes: Un trobador para Lousame →