Ciencia comunicable

9788416721382Eme Cartea. Kalandraka saca este magnífico libro, Viaxeiros, número 6 da colección Animais extraordinarios. Un álbum ilustrado saído das sabias mans de Xulio Gutiérrez, autor do texto, e de Nicolás Fernández, ilustrador, que repasa a vida de 12 animais salvaxes: hábitat, alimentación, reprodución, costumes, características… e migración.

Subliñamos o exquisito coidado no tratamento de texto, a ilustración, a impresión, o deseño da páxina e a edición. O mellor dos estímulos para a lectura como lecer emocional, formativo e intelectivo. Prodesse et delectare, como nos di o poeta latino Horacio.

Na liña do pedagogo Xoán A. Comenius e do seu libro ilustrado, O mundo en imaxes de seu, que xa no s. XVII baseaba a aprendizaxe na fixación da memoria visual: antes de falar, o neno sinala; e antes de escribir letras, debúxaas.

O tándem Xulio-Nicolás sabe ben que unha das características da ciencia é a de ser comunicable. Grandes divulgadores foron S. Hawking, I. Asimov, C. Sagan, Xulio Verne… Nesta liña, Viaxeiros é un texto amable e accesible, rigoroso e claro, que se fai atractivo pola fixación no cotián e no extraordinario de cada animal.

«Viaxeiros. Animais extraordinarios»

Xulio Gutiérrez e Nicolás Fdez.

(Kalandraka, 2019)

32 páxinas

Un comentario en “Ciencia comunicable

  1. Todos los libros me parecen interesantes, querido Cartea, pero los animales me fascinan.Procuraré hacerme con “Viaxeiros”. Ayer estuve toda la tarde colocando libros en una nueva estantería que me hizo J. M. Para ponerlos por tamaños y adaptarlos a la altura de los estantes tuve que sacar libros de otros anaqueles para encontrarles el sitio idóneo, y así me pasé las horas, incluso renunciando a mi cotidiano paseo.
    Ahora ya estoy mirando a ver donde puedo colocar otra repisa porque algunos aún están huérfanos de acomodo. Menos mal que J.M. no “pierde los papeles” ( sabe que no tiene que romperse la cabeza cuando tiene que regalarme algo, un libro es un regalo muy recurrente ) y no hace como uno que escuché el otro día: que iba susurrando blasfemias extensibles a las religiones mahometana y budista.
    Trataré de comprarlo. Gracias por la recomendación.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *