Noelia Toledano. Estivo morta un terzo da súa vida. Agora é útil para algúns porque traballa, e incómoda para outros porque come demasiado. Comer tres veces ao día é un mal costume e distinguir as bolas de pan da carne, a manteiga do magro, preferir o pito ao porco e insistir en carne branca, peixe branco e eliminar a faragulla, é un pecado mortal nestas lareiras. Seguir lendo A loiada capitalista do oito infinito
Todolos artigos de: cafebarbantia
Apoucado
Marina Losada Vicente. Pareceulle ben raro, pero sabendo como desfrutaba cando Induráin vestía o maillot amarelo, sobre todo se ocorría nun país estranxeiro, e vendo con que interese mandara reparar a bicicleta e mercara un culote para o seu cu voluminoso, cumpriu a manda do home e trouxo para a casa un xersei amarelo forte, tentando a laranxa Seguir lendo Apoucado
Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado
X. Ricardo Losada. Non coñezo persoalmente a Miguel Anxo Murado, nin ganas teño. Estou seguro de que me ía decepcionar, xa que é imposible que estea á altura dos seus escritos. Compróboo unha vez máis co seu último libro, Tres minutos no aire, que recolle as súas colaboracións entre 2006 e 2009 no programa Diario cultural da Radio Galega, 83 pequenos ensaios, no sentido do seu admirado Montaigne: reflexións racionalistas sobre un sutil fondo de lirismo e ironía que mesturan nun todo desesperación e esperanza, desilusión e entusiasmo, paixón e frialdade. Nada máis recomendable para estes tempos de populismo e polarización que o libro dun escritor que renega do intelectual predicador e reivindica o intelectual escéptico. Seguir lendo Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado
Lentes para cegos
Fidel Vidal. Só o cego está cos ollos ben abertos/ Só o tolo pronuncia verbas claras. (Xavier Seoane, No ventre da cóbrega). Os lentes úsanse para mellorar a vista cansada ou afinar os ollos dun miope. Os escuros para evitar o dano que poidan causar os raios de sol e, cando non, para presumir. Mais, nun cego… Seguir lendo Lentes para cegos