Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá CX. Un ultraísta, José de Ciria y Escalante

71zhcdwvTZLRomán Arén. Qué foi o ultraísmo e qué o diferencia doutros ismos como o cubismo, o futurismo ou o creacionismo, non é cousa fácil de explicar e non hai acordo crítico absoluto. A súa prehistoria está na revista <Los Quijotes> (1915-1918) e o seu desenvolvemento vai de 1918 a 1925. O fundador foi, con algunha discusión, Rafael Cansinos-Assens (co pseudónimo Juan Las”) e o seu teórico máis importante Guilermo de Torre. No movemento, que abriu as portas da vangarda en España, militaron poetas importantes que logo foron por outros camiños: Gerardo Diego, Jorge Luis Borges, Adiano del Valle, Juan Larrea, Francisco Vichi, César González Ruano, Rogelio Buendía, Antonio Espina… Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CX. Un ultraísta, José de Ciria y Escalante →

Micropaisaxe

Microfotografía de VIH "Centers for Disease Control and Prevention"
Microfotografía de VIH “Centers for Disease Control and Prevention”

Fernando Losada Rodríguez. Aínda que non haxa ningunha persoa na mesma habitación máis ca ti, sempre estarás en compaña de milleiros de millóns de seres. Uns están nas superficies de todo o que ves: a roupa, os cubertos da cociña, a cama, e mesmo a túa propia pel. Outros atópanse no ar, e estámolos respirando sen darnos conta. Seguir lendo Micropaisaxe →

Rodas

O Fío de AriadnaEncarna Pego. Sempre tiven especial querenza polas dúas rodas. Lémbranme os primeiros anos sesenta, as estradas de morrillo, as tendas polo miúdo, (“Dixo miña nai que me dea medio quilo de fariña e un cuartillo de anís”). O recendo das cereixas de Cespón. A vida por encetar cos pais mozos e a empática presenza dos veciños. O saúdo da mestra á mañá, cando eu non tiña idade de ir á escola. Seguir lendo Rodas →