Fidel Vidal. O patrón, do latín patronus, derivado de pater, noutrora era sinónimo de protector, mais nós querémoslle dar uso desde unha perspectiva ligada ao poder e á opresión, como patrono, como amo. Nun formato semellante e inspirado no personaxe de Padre Padrone de Gavino Ledda, do que hai que se liberar. Sendo ben fácil identificar o patrón, a liberación non resulta doada. Nunca o foi.
“O home integral, absolutamente libre, definitiva e completamente satisfeito co que é, o home que se perfecciona e se completa en e por esa satisfacción, será o Escravo que ‘suprimiu’ a súa servidume. Seguir lendo Quen é o patrón?


