Todolos artigos de: cafebarbantia

Enredos da fala

978607030302Fidel Vidal. A escritura, segundo Barthes, “é unha realidade ambigua: por unha parte nace, sen dúbida, dunha confrontación do escritor coa sociedade; por outra, remite ao escritor, por unha sorte de transferencia tráxica, desde esa finalidade social até as fontes instrumentais da súa creación” (Roland Barthes. O grao cero da escritura). Son as fontes instrumentais no xogo dunha partida a piques de rematar. Un xogo (o da fala) comezado antes da presenza dos personaxes que se van enfrontar. A partida e a fala. A partida da fala, por non falar da parida, da fala parida ou da parida falada. Até dar co absurdo como unha das máximas expresións creativas (crédemo) e mesmo éticas, quer dicir, poéticas. Seguir lendo Enredos da fala →

Eduardo Ces Iglesias, cofundador de Tapal

O Escritor. Agenda NoyesaPastor Rodríguez. Nacido no Couto de Sabardes, Noia, en 1917, entrou en contacto co xornalismo xa antes da guerra civil. En 1950 será un dos fundadores da revista noiesa Tapal. O seu labor xornalístico desenvólveo nos xornais La Noche, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego e El Diario Español de Montevideo. Deste traballo xurdirá o seu primeiro libro, Agenda noyesa (anecdotario popular), publicado en Santiago de Compostela en 1984, con prólogo de Xosé Manuel Cairo García. Seguir lendo Eduardo Ces Iglesias, cofundador de Tapal →

O Son que coñeceu Ramón Caamaño

O Andel jpgPedro García Vidal. A estadía do fotógrafo Ramón Caamaño Ventín –referente da fotografía galega da primeira metade do século XX– en Porto do Son nos anos 1933-34, vai ser o fío condutor deste magnífico traballo dos investigadores Raúl Soutelo e X. Manuel Vázquez, distinguido co XI Premio Manuel Murguía de Ensaio.A colección de fotografías atrapadas durante a súa experiencia vital en Porto do Son, convértese en xermolo dun libro que nos ofrece unha espléndida radiografía Seguir lendo O Son que coñeceu Ramón Caamaño →

Ela

Imagen-niño-cuadro-1-846x580-610x420Marina Losada Vicente. María foi “ela”, para seu irmán. Durante a infancia e tamén na puberdade o nome propio borrouse na cabeza de quen lle levaba só un ano. María era “ela” e a ninguén lle ocupou tempo pensar en como se sentía. Ignora se lle dixeron algo ao neno que negaba a realidade co xesto infantil de borrar o nome. María era “ela” e aquel seu irmán era o seu faro. Seguir lendo Ela →