Todolos artigos de: cafebarbantia

Ao mar fun por laranxas…

NARANJASMarina Losada Vicente. Na casa en que limpa regaláronlle un abrigo rosa fucsia, alegre porque si, cuns bonitos botóns e un gracioso colo volto, apenas usado. Ela mirouse no espello e pensou que tan feliz ía a sentirse o neto ao vela tan guapa. Nunca llo dixo, pero Elena sentía que tiña vergoña dela. Levaba anos sen mercar unha peza de roupa. Nin lle acordaba. A desgana de tanto desgusto levara polo váter abaixo doce quilos de muller rumbosa. Seguir lendo Ao mar fun por laranxas… →

Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. Un ECO: Roque Nieto Peña

img_0007Román Arén. No libro Galicia vista por los no gallegos (1974) ofrece Alonso Montero o fragmento dun poema de Roque Nieto Peña sobre o noso país: Galicia secular que en piedra talla/la ruta de Santiago/de célticas saudades…

Tomouno da obra Retorno de Ariel, publicado en San Juan de Porto Rico en 1968, do que sería lóxico concluír que é un poeta hispanoamericano. Ausente dos repertorios que consultei, das datas de Internet deducín que é un poeta da Xeración do 36, que naceu en España e que desenvolve a súa obra en América. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. Un ECO: Roque Nieto Peña →