Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. Un ECO: Roque Nieto Peña

img_0007Román Arén. No libro Galicia vista por los no gallegos (1974) ofrece Alonso Montero o fragmento dun poema de Roque Nieto Peña sobre o noso país: Galicia secular que en piedra talla/la ruta de Santiago/de célticas saudades…

Tomouno da obra Retorno de Ariel, publicado en San Juan de Porto Rico en 1968, do que sería lóxico concluír que é un poeta hispanoamericano. Ausente dos repertorios que consultei, das datas de Internet deducín que é un poeta da Xeración do 36, que naceu en España e que desenvolve a súa obra en América. Cita varios títulos como Heraldos de Gloria e Los siete gatos. Non logrei acceder ao volume e ignora cal foi a relación do autor con Galicia. En América fixeron a súa carreira literaria moitos autores, tamén galegos, por emigración ou exilio. Aínda hoxe son figuras literarias americanas o pobrense Leonardo da Jandra en México, ou Carlos Esteban Deive na República Dominicana.

Polo Diccionario bibliográfico de la poesía española del siglo XX (Sevilla, 2003), de Ángel Pariente, sei agora que Nieto Peña naceu en Palencia en 1908 e que é autor de Versos del camino (Pto. Rico, 1943), Los poemas de Palencia (México, 1951), Soledad de España (México, 1953) e Sonetos de ambos mundos (Palencia, 1962).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *