Todolos artigos de: cafebarbantia

Paraíso

Home InvisibleAgustín Agra. Eu, que descoñezo tantas cousas deste e doutros mundos e descreo de outras tantas, acredito na efémera existencia dos pequenos paraísos. Alguén a quen aprecio, fantasía con que este fique onde a casa dos avós e que, por forza, a lingua do paraíso ha de ser a que falan os seus pais. Na súa procura, teima en atopalo sempre entre dous ríos: entre o Eufrates e o Tigris, na linde metafórica dos desertos; no universo acuático da Amazonia ou no ensanguentado do Congo e o Zambeze; ao que nunca se retorna, entre o Ganxes e o Iamuna, ou o da eterna mutación entre as tres gorxas do Yan-Tze e o río das Pérolas. Seguir lendo Paraíso →

As verdades da/o fala/o

alexander-of-abonoteichus-01Fidel Vidal. (A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade –Claude Royet-Journoud-). A bioloxía ligada ao precioso seme, ao sangue dos Hardrada, do que tanto presume a Raíña Gerda (GERDA.- ¿Tés noxo do sangue dos Hardrada? (…) É un seme exquisito. Soamente dá dous abrochos cada xeración. É raro coma unha pedra preciosa), non é razón de paternidade nin de maternidade. Esta establécese a través da relación onde os roles póñense en marcha e vanse formando, non como home (Rei), muller (Raíña) e neno (Príncipe), senón en tanto pai, nai e fillo. Seguir lendo As verdades da/o fala/o →

Punta seca. Manuel Ayaso

Ayaso emprega a tinta de gravar como coada literaria
Ayaso emprega a tinta de gravar como coada literaria

Antonio Piñeiro. Así, pensándoo coma título, é como puiden comezar a dexergar o que agochaba detrás dos novos setenta gravados cos que o xenial mestre Manuel Ayaso vén de encher outra xerra na gran billa da súa obra. Así: punta seca, que sempre me deu unha das suxestións certas, malia o paradoxal do significado, da lírica do pintar: sésega que deixa no cobre da identidade a punta forxada da arte e da liberdade. Seguir lendo Punta seca. Manuel Ayaso →