Todolos artigos de: cafebarbantia

O xogo das cadeiras

cuberta-alberdiPilar Sampedro. Gustaríame falar dun libro “O xogo das cadeiras”, non polo que nos pasa pola cabeza cada vez que lemos esas palabras, senón porque anda entre nós a súa tradución ao galego da man de Isaac Rubín, en Hugin e Munin. Unha novela vasca, da autora Uxue Alberdi, á que os lectores e lectoras de literatura infantil xa coñeciamos a través do álbum ilustrado, publicado por Kalandraka, “Cando sexades pequenos”, unha verdadeira xoia na que os meniños nos explican o que os adultos poderemos facer cando sexamos nenos e nenas.

Agora, estamos ante unha novela dirixida ao lectorado adulto, unha novela de vellez e mulleres que recolle moi ben a atmosfera dese país que mira ao mar e lembra. Seguir lendo O xogo das cadeiras →

Brincadeira do Sacro

Foto: Galicia Única
Foto: Galicia Única

Xosé Manuel Lobato. Tic, tac, mais non escoito, xornada indecisa, a climatoloxía non se decide por unha aposta segura. A tantariñante vacilante, mesmo a tristura semella impregnar o ambiente nesta celebración do día de todos. Unha masificación de ánimas, ou quizais espíritos errantes que aí, en algún lugar permanecen, afastados ou próximos non amosan a súa esquiva faciana. Seguir lendo Brincadeira do Sacro →