Brincadeira do Sacro

Foto: Galicia Única
Foto: Galicia Única

Xosé Manuel Lobato. Tic, tac, mais non escoito, xornada indecisa, a climatoloxía non se decide por unha aposta segura. A tantariñante vacilante, mesmo a tristura semella impregnar o ambiente nesta celebración do día de todos. Unha masificación de ánimas, ou quizais espíritos errantes que aí, en algún lugar permanecen, afastados ou próximos non amosan a súa esquiva faciana.

Estrela errante onde está o teu corpo…

Vergoñentos, ou senso de culpabilidade do seu acompasado errar pola terra dos sen escrúpulos. O mundo dos vivos vivaces, ignorantes de case todo, porén prepotentes, navegando nas súas limitacións, moitas son, aínda que case nunca admitidas e recoñecidas polos propios afectados.

Este colectivo vivaz acércase en romaxe a visitar o cume místico, dubidar dos intereses que os levan ata o sacro é razoable nun confuso estadio de desconfianza. Seguro que cadaquén, e cada un no seu propio universo persoal engulido nunha mareante marea de preocupacións.

Nese desasosego bretemoso que superaron incorporándose á grande comitiva dos do Alén, eles nesta súa xornada festeira retornan preto da súa referencia e símbolo máis sólido.

O sacro garda do meigo, tamén das meigas boas e, das ánimas sensibles de espontánea e natural pureza.

Non se aprecia tristura, posiblemente unha chiscadela de melancolía na ampla escena. O tear de néboas circula con axilidade amosando sempre visións inéditas e sorprendentes.

Son esas néboas sacras…

No maxín do imaxinario, o tempo morou aletargado por impacto atordado.

Na miña vida, por sempre.

Un comentario en “Brincadeira do Sacro

  1. Querido Lobato:
    Cuando leo las entradas de Barbantia, siempre lo hago de la misma manera, la primera vez leo en silencio, la siguiente, en voz alta. Con las tuyas, lo hago siempre en silencio para no escuchar el sonido de mi voz y así, fusionar la tuya con el hermoso texto. Mi memoria es más auditiva que visual y recuerdo perfectamente tu tonalidad. Cuando escribes así de bonito unifico las dos cosas, voz y poesía, y dejo entonces traslucir la emoción de la que a veces Sjögren me deja participar.
    Este año, no he podido estar en la celebración del “día de todos”, ni siquiera disfrutar de la visión del Pico Sacro, a pesar de que la distancia era la misma que la del año pasado ya que estaba en el mismo inmueble pero, el albur quiso que incluso el hermoso pico nos diera la espalda (o nosotros a él).

    “O sacro garda do meigo, tamén das meigas boas e, das ánimas sensibles de espontánea e natural pureza”.

    Un día allí nos veremos.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *