Todolos artigos de: cafebarbantia

Atril de discursos

Marina Losada Vicente. Foi como entrou na empresa. Deitada baixo a sombra dunha árbore cuxo tronco ben tería un metro de diámetro. Diante, ao sol, sentan dúas mulleres. O que alí falaron, alleas de todo a que eran escoitadas, formou en Marciala a idea de presentarse diante do dono de Cadeas Atlánticas. Ao día seguinte empezou a traballar como secretaria. Agora ten diante unhas vinte mesas repletas de comensais. Acaba de recibir o consabido reloxo de ouro, premio á súa traxectoria profesional, a dous días de xubilarse. Seguir lendo Atril de discursos →

Zoar

salvMoisés Suárez. Escribo este texto no día internacional da poesía, os cabalos da foto son salvaxes e o destino píntano eólico. Galiza énchese de aspas zoando no ar porque o futuro require enerxía eléctrica. Nun pasado que foi futuro requiriu petróleo, noutro presas, noutro minas. Os futuros énchense de enerxía porque o capital necesita movemento para non fracasar. Seguir lendo Zoar →

Angra dos Reis

6bXerardo AgraFoxo. Cando divisei o centro histórico, detrás do cal se adiviñaban uns curutos habitados, entrei na Oficina de información e turismo. Ao cruzar o seu limiar vin un cartel que me deixou abraiado. Con letras amarelas, sobre un fondo negro escuro, reflectíase unha explícita mensaxe: “Ajude o 33º BPM a combater o crime em Angra dos Reis. Denuncie. Criminosos. Escondedeiros. Seguir lendo Angra dos Reis →

Os pezuños do Porviso

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad Rey. Vin as luces acendidas da miña casa e, por fin, puiden alentar. Comecei a rezar por inercia mentres aceleraba o paso, mais as palabras atragoáronseme na gorxa. A gaña dunha árbore rabuñoume a fazula, mais non me detiven. Non podía sacar da mente os bruídos que ouvira entre o canaval da praia. Sabía que non debía ir soa por alí a esas horas da noite, mais fun. Seguir lendo Os pezuños do Porviso →