Pastor Rodríguez. Nacido o 4 de xullo de 1904 en Santa Cristina de Barro, Noia, Fernández Barbazán foi perito agrícola profesionalmente, pero ficou na memoria colectiva polo seu amor á cultura. Xuíz de Paz na súa vila, profesor no instituto, escritor en revistas profesionais, foi un dos colaboradores nos anos cincuenta da revista Tapal, onde publicou os seus aforismos co título “Denantes”. Os seus artigos apareceron tamén en La Noche, o xornal vespertino de Compostela. Agrupou outros escritos seus coa denominación “Carapolas”, que publicou en El Correo Gallego. Tamén foi debuxante e un gran afeccionado á conversa, transmitindo o amor ás cousas propias aos mozos, o que lle foi recoñecido por Avilés de Taramancos nun fermoso artigo de 1988, “O Muíño”. Seguir lendo Basilio Fernández Barbazán, mestre do galeguismo
Todolos artigos de: cafebarbantia
Prognósticos e augurios
Francisco Ant. Vidal Blanco. Lembro unha tarde de pesca, cando un veciño me ensinou a recoñecer nunhas nubes a ameaza do nordés que nos obrigaba a recoller as liñas, ou a unha veciña que cada mañá, con só mirar para o oeste, prognosticaba para todo o barrio se se ía poder secar a roupa. Seguir lendo Prognósticos e augurios
De volta ás andadas
Marina Losada. Apareceu de súpeto na cociña, como saído da nada. No silencio dos pés descalzos, a brancura do calzón sobre a pel branca fai tremer o corazón, que se acelera; o corpo miúdo e brando, abaneando a cada paso, descansa no limiar da porta. Seguir lendo De volta ás andadas
Roque
Natividad Rey. Albino dedicábase á fotografía, capturaba momentos únicos polas aldeas do concello de Rianxo na metade do século pasado. Un día foi ata á aldea de Abuín —na véspera de San Xoán— e viu dous rapaces que buscaban plantas milagreiras para poñeren en auga ao resío da máxica noite. A recolleita das plantas e flores aromáticas era do máis habitual; pero quedou impresionado ao ver un corvo que traía na man o rapaz. A ave estaba domesticada e saltáballe dende o ombreiro ata a man do seu amo sen escapar. Cando un veciño comezou a tocar o acordeón, o corvo berraba ao son da música e sacudía as ás. Parecía contento como se quixese bailar. Albino preguntoulle ao rapaz como fixera para desbravar esa ave, e díxolle: «chámase Roque e collino cando aínda estaba no niño no Agro do Pardo. Seguir lendo Roque