Xerardo AgraFoxo. Despois da excelente e divertida De remate (Premio Xerais, 2015), onde este autor presentaba unha trama en que mesturaba a realidade galega actual coa crítica máis acerba dalgúns comportamentos políticos, agora nos chega unha obra ben distinta. En Nova Nursia (2018), retrata a epopea de Frei Rosendo Salvado, o crego de Tui que a mediados do século XIX se embarcou no proxecto de dignificar, a través da misión católica de Nova Nursia, a vida dos aborixes australianos que vivían como “salvaxes” no mato daquel inmenso país. Esta historia que nos narra Héctor Cajaraville divídese en 21 capítulos, onde un relator omnisciente conta a vida deste bispo galego, pero o libro ten ademais vinte Cartas enviadas por Rosendo Salvado ao seu amigo da infancia Domingo Pires, un explicativo Epílogo e un interesante Posfacio. Seguir lendo Nova Nursia, de Héctor Cajaraville
Todolos artigos de: cafebarbantia
En memoria de Xesús Costa Rodil
X. Ricardo Losada. Non me gustan as persoas que cada vez que falan mostran, como os vellos cregos, a súa ideoloxía. O mestre rianxeiro don Xesús Costa tiña ese defecto. Pero no que en outros é un costume insufrible, nel era un hábito entrañable. Porque don Xesús, que sempre falaba desde uns esquemas mentais moi ríxidos, era unha persoa coherente. Seguir lendo En memoria de Xesús Costa Rodil
Pechado por vacacións
Galicia e os galegos na poesía castelá XCV. Cervantes
Román Arén. Malia a súa probable orixe galega, que mesmo algúns deducen do Quixote, sen ter visitado nunca Galicia, Cervantes Saavedra manexou moitos dos tópicos negativos sobre o noso país. Deixando á parte La tía fingida, no vela que se lle atribúe (e hoxe case todos cren que é súa), onde figura a famosa frase “los gallegos no se colocan en predicamento porque no son alguien” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCV. Cervantes
