Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá XCIII. Un cántabro: Lorenzo Oliván

portada_para-una-teoria-de-las-distancias_lorenzo-olivan_201803221751Román Arén. Teño nas mans Para una teoría de las distancias (Barcelona, Tusquets, 2018) de Lorenzo Oliván, poeta e ensaísta de Castro Urdiales, Cantabria, nado en 1968, de que só coñecía o poemario Nocturno, casi, publicado en 2014 nesta mesma editorial e que acadou o Premio Nacional da Crítica 2015 e o I Premio de las Letras Ciudad de Santander. A lapela infórmanos de que é autor, moi premiado, doutros poemarios: Visiones y revisiones (Premio Luis Cernuda), Único norte (1995), Puntos de fuga (2001), Premio Internacional Fundación Loewe e Libro de los elementos (2004), Premio Internacional Generación del 27. Ademais reuniu os seus aforismos e fragmentos poéticos en Dejar la piel. Pensamiento y visión (2017) e publicou o ensaio José Hierro y el ritmo: la música por dentro. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCIII. Un cántabro: Lorenzo Oliván →

A noite do corvo, de Abel Tomé

A-noite-do-corvoXerardo AgraFoxo. Tal como comeza a obra semella que estamos diante doutra novela do xénero negro. Pero todo cambia de sentido cando comprobamos que detrás dunha historia violenta, a morte de catro persoas dunha mesma familia na Casa do Faro de Gothard (“esa maldita illa afastada, non podía ser noutro sitio”), comeza unha pescuda onde o detective Gonçalves (“ atravesar a longa ponte ata a illa xa me daba arrepíos”) intenta indagar as causas destas arrepiantes mortes nun lugar, Beth, onde moran dúas familias encontradas (“Os Faol e os Cárthaig podrecían de diñeiro e o resto de Gothard morría de fame”) que controlan todos os fíos do poder. Seguir lendo A noite do corvo, de Abel Tomé →

Un precursor no Barbanza

thumbnail_O escritor. Album_de_la_Caridad_capaPastor Rodríguez. Na literatura galega coñécense como precursores os escritores en galego anteriores a Rosalía de Castro e que publicaron os seus textos entre 1840 e 1862; isto é, do nacemento do Provincialismo -o primeiro galeguismo- á edición do Álbum de la caridad, libro de 1862 que levaba anexo un Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, organizado por Antonio de la Iglesia González (1822-1892), e que contiña corenta autores na nosa lingua, de Cernadas e Castro a Rosalía. O Mosaico é, en xeral, bilingüe, aínda que tamén contén un poema en francés e outro en latín, e moitos dos autores que escriben en galego son case descoñecidos. Seguir lendo Un precursor no Barbanza →

Abrazo ausente. Lucía Romaní

Letras da Arte. ImaxeAntonio Piñeiro. Cruzo un desierto y su secreta / desolación sin nombre. Ás veces, cando me atopo diante dun cadro, véñenme á cabeza os versos de José Ángel Valente. Quero traer hoxe o comezo deste, tan coñecido, ben adrede polos seus simbolismos, polas súas connotacións, pola súa poderosa forza de suxestión. O poema fala do ser, claro, da andaina da vida. Emprega unha paisaxe. Dá unha imaxe do baleiro. Hai una sorte de silencio destilado na mostra de Lucía Romaní. Unha busca do esencialismo de raíz paisaxística, na que está tamén a busca do ser. “Un pouco de min” ­ -coido que dixo ela-. Seguir lendo Abrazo ausente. Lucía Romaní →