Marina Losada Vicente. Tivo mala sorte, moi mala sorte. Un cambio de nome da súa rúa provocou que cando foi á policía renovar o carné lle pediran un certificado de empadroamento. Cando llo levou, a axente reparou en que aparecía como nada no 1946 cando no DNI constaba o 1948. Celsa insistiu que iso non era problema dela, que a data do novo documento tiña que ser a mesma que a do vello. Seguir lendo Cuestión de datas
Todolos artigos de: cafebarbantia
A nai brasileira de Thomas Mann
Na procura da “villa romana” de Portosín

Víctor Barbeito Pose/Julián Bustelo Abuín. Cacheando por unhas notas sobre achados antigos na comarca do Barbanza, atopamos unha referencia curiosa: resulta que o cóengo, historiador e arqueólogo don Antonio López Ferreiro (1837-1910), mestre de Arqueoloxía Sagrada e que, xunto con José María Labín Cabello e dous operarios, foi o primeiro que escavou na Seo compostelá á procura dos restos do apóstolo Santiago. Seguir lendo Na procura da “villa romana” de Portosín
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIV. Jorge Luis Borges
Román Arén. Falar de Borges é traer á memoria, para moitos lectores, a súa narrativa, mais o arxentino foi un gran poeta e ensaísta, ademais de antólogo, tradutor e crítico. Non foron poucas as amizades galegas de Borges na Arxentina, onde tantos dos nosos estaban emigrados ou exiliados. Outros intelectuais arxentinos era de orixe galega (os Borges eran de orixe portuguesa) e, entre eles, salientaba Francisco Luis Bernárdez, o cuñado de Cortázar, bo poeta conservador e moi católico, moi amigo de Borges na mocidade. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIV. Jorge Luis Borges
