Todolos artigos de: cafebarbantia

Perendengue

pene-en-el-cielo-armada-estados-unidos-X. Ricardo Losada. Escribín neste mesmo café un texto no que defendía con humor unha tese filosófica que se remonta á Idade Media: as palabras condicionan as realidades que denotan. O tamaño dun pene, puña por exemplo, cambia en función de se lle chamamos pito, pipí, pirola ou carallo. Naty, unha lectora, comentando ese texto, revelou que ela chamáballe ao membro viril perendengue, un termo que, recoñecía, podía soar un pouco cursi pero que lle parecía máis acorde coa educación que recibira, e na que termos como os que eu utilizaba eran de mal gusto. Nada que obxectar, por suposto, contesteille. Seguir lendo Perendengue →

Os coros da Novena, de Fidel Vidal

41ucgTl3MSL._SX328_BO1,204,203,200_Jesús Alberdi. No seu relato “Pedro Páramo”, di Juan Rulfo: “Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo. Mi madre me lo dijo”. Se cambiamos a Pedro Páramo por Antonio Caínzos, admirador de Beethoven, e en lugar de Comala en México, falamos de Mareira ou Ribeira en Galicia, esta sinxela modificación podería ser o comezo da novela de Fidel Vidal (Os coros da Novena, Espiral Maior, 2017). Amparo Caínzos vén de Mareira, vive en Mareira, volve a Mareira desde Coruña e Boiro, a súa vida xira arredor de Mareira, porque en Mareira están os seus pais, a súa infancia, está a súa vida interna alá onde ela se encontre. Seguir lendo Os coros da Novena, de Fidel Vidal →

A conversión dos xudeus, de Philip Roth

9789875668928Fidel Vidal. O día 22 de maio pasado faleceu o autor norteamericano Philip Roth (1933-2018), un clásico candidato ao Nobel nas últimas tempadas. Acusado de misóxino, Premio Príncipe de Asturias no 2012, e autor de novelas tan coñecidas como son O lamento de Portnoy, Casei cunha comunista ou da Triloxía americana, o caso é que, talvez co obxectivo de lle facer unha homenaxe, un amigo e gran lector, a semana pasada achegouse a min coa obra Goodbye, Columbus (debolsillo, 2007) e, abríndoa pola páxina 169, díxome: “Le só este conto”. Referíase ao titulado A conversión dos xudeus. Seguir lendo A conversión dos xudeus, de Philip Roth →

Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita

1531Román Arén. Está Galicia no Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita? Pois si, e xa o sinalaron Filgueira e Xosé María Álvarez Blázquez, este último en Crónica rimada de Baiona e o seu amor, editada en 2008, pero que foi na orixe unha conferencia de 1964. Aí sinala que na “Pelea que ovo don Carnal con la Quaresma” está a nosa Baiona. Por que Baiona? Pois polos seus cazóns, que superan ás perdices e aos capóns: Ay andaba el atún como un bravo león,/falloso con don Tobino, díxole mucho baldón,/si non por doña Ceçina que l’desvió el pendón,/diéronl’a don Ladrón por medio del coraçón./De parte de Bayona veníen muchos caçones,/mataron las perdiçes, castraron los capones.

Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita →