A conversión dos xudeus, de Philip Roth

9789875668928Fidel Vidal. O día 22 de maio pasado faleceu o autor norteamericano Philip Roth (1933-2018), un clásico candidato ao Nobel nas últimas tempadas. Acusado de misóxino, Premio Príncipe de Asturias no 2012, e autor de novelas tan coñecidas como son O lamento de Portnoy, Casei cunha comunista ou da Triloxía americana, o caso é que, talvez co obxectivo de lle facer unha homenaxe, un amigo e gran lector, a semana pasada achegouse a min coa obra Goodbye, Columbus (debolsillo, 2007) e, abríndoa pola páxina 169, díxome: “Le só este conto”. Referíase ao titulado A conversión dos xudeus.

Sacar o tema reiteradamente. O tema de Xesús Cristo na sinagoga. “E a ti que máis che ten o tema de Xesús Cristo?” A historia vai do teimudo costume de facer preguntas dun adolescente e de aferrarse, chegado o caso, a propostas de razón como dogmas. Unha saudable confrontación coas autoridades e mesmo capaz de aproveitarse de contradicións evidentes. Tal sucede con Oscar, protagonista do relato, un rapaz de trece anos que, debido ás súas impertinencias co rabino, a súa nai ten que acudir á escola para reprendelo. “Eu non saquei o tema de Xesús Cristo”. “Xesús é unha figura histórica”, repite o mestre. “De carne e óso”, pero, tal como o aceptan os católicos,”nin polo forro era Deus”, insiste o rabino. E se din que Deus era o seu pai e non Xosé, non é posible, porque para ter un fillo debeu haber antes “contacto carnal”, é dicir (polo menos naquel tempo), o que non pode ser é parir sen foder.

O que máis lle impresionaba a Óscar non era que Deus crease o mundo, os peixes ou os animais en seis días, senón a luz. “Vostede”, atreveuse a dicirlle ao rabino, “non sabe nada de Deus, absolutamente nada de Deus”. E o rabino arreoulle unha labazada que o fixo sangrar polo nariz. O alumno reaccionou chamándolle “fillo de puta, fillo de puta”, “hipócrita”, e fuxiu até alcanzar o tellado. Chamoulle “fillo de puta” á máxima autoridade relixiosa por dúas veces. Xa subido no tellado armouse tal escándalo que acudiron os bombeiros. philip-roth-20180523-311178Non había lume senón un adolescente ameazante. “Non te fagas o mártir” berraban desde abaixo. Outros, pola contra, convidábano a facerse “o Martín”. “Salta!” dicían, mentres os bombeiros colocaban unha lona amarela onde recollelo.

Coa nai presente, tamén implorando pola salvación do fillo este, nun arrebato de autoridade obrigounos a pórse de xeonllos: “Mamá, axeónllate, ou tírome”. “Todo o mundo de xeonllos!”. Si, si, todos, o rabino tamén. “Vostede cre que Deus o pode todo?”. “Deus todo o pode”, respondeu. “Daquela Deus pode facer un neno sen contacto carnal, non si?”. “Si, pode”, asentou o rabino. Con esa declaración, a que el esperaba, Óscar declinou as súas escuras intencións e proclamou: “Non hai que pegar a ninguén por cousas de Deus”.

Que pretendía o amigo para que eu lera o conto de Roth? Se cadra para constatar o poder de Deus como ferramenta de conversión, ou -e estou por esta segunda hipótese- para dicir ao mundo que non se debe pegar, e moito menos matar, por cousas de Deus. Mañá preguntareillo.

2 comentarios en “A conversión dos xudeus, de Philip Roth

  1. Moitísimas grazas Carmen pola túa aportación á miña achega sobre un conto de Philip Roth. Magdalena tiña razón en insistir en que participaras como lectora e coñecedora -polo menos bastante máis ca min- deste recoñecido autor. Repito o agradecemento a ambas as dúas, unha por sacar tempo de onde non o hai coma no teu caso, Carmen, e a Magdalena por teimuda. Ah, o amigo non contestou ás miñas dúbidas. Simplificou dicindo que mo recomendaba porque, sinxelamente, era “un magnífico relato”. Abonda, Saúde, apertas e bicariños.

  2. Estimado Fidel:
    ¡Esta Magdalena es un caso…! Me manda un wassap invitándome a leer tu artículo sobre Philip Roth y casi me obliga a dejar una respuesta que esté a la altura de una experta en el tema, cuando mis conocimientos sobre este autor se reducen a haber leído algunas de sus obras y después comentarlas en un taller de literatura al que asisto. La elección de este escritor -del que ni siquiera conocía el nombre (tal es mi ignorancia literaria)- la hice después de escuchar un comentario sobre la supuesta pataleta de Roth -eterno aspirante- al enterarse de que el Nobel de Literatura se lo habían otorgado al cantante Bob Dylan, para colmo también de ascendencia judía.
    Al tener noticia de la muerte de Philip Roth, se me ocurrió publicar -en mi blog de andar por casa- un somero resumen que escribí al finalizar mi ciclo con el escritor. Esto es lo que dio pie a Magdalena para lanzar una opinión que no se ajusta a la realidad.
    Lo cierto es que estos días, entre otros eventos, ando liadísima asistiendo a audiciones y conciertos de fin de curso en los que participan mis nietos: tratando de transmitir a hijos, nietos y bisnietos mi afición a la música, llegué a tener hasta seis a un tiempo entre conservatorios y escuelas de música. De ahí que ande siempre liada con conciertos y otras actividades afines.
    A pesar de llegar a casa a las tantas, ayer leí tu artículo antes de meterme en la cama y, gracias a tus geniales aportes, me hizo reír mucho más de lo que me reí al leer el cuento. “Tonto” o “listillo”, el chaval era contestatario. Y, como decimos en Galicia, “dos que levan ó difunto ata a cova”, de los que mete en aprietos al profesor más versado. Bien pudiera tratarse de otro álter ego del escritor, aunque sólo sea por lo de llevarle la contraria al rabino. En realidad lo son muchos de sus personajes, además de Zuckerman.
    Lo que encuentro en la obra de Roth es un halo de desdén hacia los temas relacionados con lo religioso. Por algo se autodenomina “judío ateo”. No ocurre lo mismo con su ascendencia judía de la que, por mucho que se empeñe en criticarla, se le nota orgulloso.
    Ya nos contarás cuál fue la respuesta de tu amigo a la pregunta que le formulaste. Me inclino a pensar que se refería a la segunda hipótesis sin que ello anule la primera. Al menos para mí.
    Y para terminar: aunque la lectura de Roth pocas veces deja una huella risueña en el rostro, la temática resulte un tanto reiterativa, se “pase” en su obsesión por el sexo, el deseo insatisfecho, la enfermedad y la muerte, nunca llega a cansar. Y eso ya es un mérito.
    Un abrazo y buenas noches.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>