Todolos artigos de: cafebarbantia

A aldea na selva, de Leonard Woolf e a novela colonial britânica

A aldea na selvaAlberte Pagán. Quiçá a obra mais conhecida da literatura colonial britânica seja a Passage para a Índia (1924) de E. M. Foster, que tira o seu título do poema homônimo de Walt Whitman. Nela, umha moça inglesa de visita na Índia acusa de assalto sexual a um médico índio que a acompanha numha excursom. Esta falsa denúncia desencadea os prejuízos e rompe as frágeis relaçons raciais entre a cidadania índia e os colonizadores britânicos. Porém, a crítica política está ausente e a novela nom é quem de condenar o imperialismo do Reino Unido. No ano da publicaçom de Passage para a Índia George Orwell servia como polícia na Birmânia, daquela integrada administrativamente na Índia ocupada.

Seguir lendo A aldea na selva, de Leonard Woolf e a novela colonial britânica →

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

md22458578043Román Arén. Pouca presenza ten Galicia na poesía de Miguel Hernández (1910-1942), o autor de Perito en lunas (1933) e El rayo que no cesa (1936), preso polo franquismo e morto no cárcere. Membro do PCE, converteuse nun poeta cívico en Viento del pueblo (1937) e aí, nese libro, é onde aparecen os galegos:

…extremeños de centeno, / gallegos de lluvia y calma, / catalanes de firmeza…

Pero Hernández foi, ademais de dramaturgo, xornalista na guerra civil e aí, na obra periodística, está a loita da guerrilla galega Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández →